ALFOZ .- O alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, reuniuse en Santiago co conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio, Agustín Hernández, a quen plantexou as principais carencias municipais en captación de auga, vivendas promoción pública, saneamento e oferta de solo industrial en Alfoz.
NOTA DE PRENSA
Emilio Lousas foi recibido na mañá de hoxe polo conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio no seu despacho de San Caetano
O ALCALDE CONSTATA A BOA DISPOSICIÓN DO CONSELLEIRO AGUSTIN HERNANDEZ PARA DESBLOQUEAR VARIAS ACTUACIONS RELACIONADAS CO MEDIO AMBIENTE, INFRAESTRUTURAS E VIVENDA NO MUNICIPIO
• A Xunta de Galicia comprométese a axilizar as autorizacións e trámites administrativos previos para facer realidade a obra de captación de augas da parroquia de Pereiro “á maior brevidade posible”
• O Alcalde de Alfoz mantivo a oferta de terreos de titularidade municipal para a construción de novas vivendas de promoción pública no municipio.
• Medio Ambiente comprometeuse a estudar a achega de financiación para acometer obras de saneamento no barrio de San Pedro e en Lago.
• O Alcalde insistiu na necesidade de que Alfoz conte tamén con oferta de solo industrial en terreos do seu termo municipal, dentro do impulso ao parque industrial que comparte con Valadouro.
Cervo, 15 de maio de 2009.- O Alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, constatou a boa disposición da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para desbloquear varias actuacións que a Xunta de Galicia tiña pendentes no municipio. Así o puido comprobar tras a reunión mantida esta mañá no despacho do conselleiro Agustín Hernandez, en San Caetano, onde situaron como prioridades catro aspectos que de seguido pasamos a relacionar
CAPTACIÓN DE AUGA
O titular da consellería de Medio Ambiente asumiu o compromiso perante ao Alcalde de Alfoz, de axilizar as autorizacións e trámites administrativos previos que se precisan para facer realidade a obra de captación de augas na parroquia de Pereiro. “Esta era unha xestión que lle demandábamos para poder aproveitar os recursos actualmente dispoñibles. Agustín Hernández afirmou que liderará desde o seu departamento as xestións oportunas, ante os distintos órganos administrativos da Xunta, para que poida ser realidade á maior brevidade posible”
VIVENDAS PROMOCIÓN PÚBLICA
Emilio Lousas tamén aproveitou o primeiro contacto co novo conselleiro para reafirmar a vontade do Concello que preside de ofertar terreos de titularidade municipal –sitos en Granda de San Pedro- para a construción de vivendas de promoción pública.
O Alcalde insistiu na necesidade de contar con estas novas dotacións de vivendas a prezos accesibles, despois de que o anterior Executivo autonómico bipartito paralizase o compromiso asumido pola Xunta en 2005 de impulsar sete novas vivendas. A cesión de terreos de titularidade municipal vén a facilitar que a Xunta poida levar adiante estas actuacións no municipio, o que contribuirá a asentar poboación, e a facilitar o acceso a un futuro fogar ás familias en tempos de crise e dificultade.
SANEAMENTO
A petición de Emilio Lousas, o titular do departamento autonómico de Medio Ambiente tamén asumiu o compromiso de estudar a posibilidade de achegar financiamento para varias obras de saneamento respecto das que xa existe cesión de terreos por parte do Concello de Alfoz. Máis en concreto falaron das acometidas de saneamento en Barrios de San Pedro e máis en Lagoa. Medio Ambiente comprométese a estudar os orzamento dispoñible para desenvolver estes investimentos.
OFERTA DE SOLO INDUSTRIAL TEMÉN EN ALFOZ
En cuarto lugar, o Alcalde de Alfoz subliñou a importancia de que nos planos de actuación estratéxicos da Xunta de Galicia se incorpore a dotación de solo industrial no municipio. Emilio Lousas insistiu que ademais de impulsar, tal e como se está a facer, o relativo ao polígono industrial Alfoz-O Valadouro, a Administración autonómica debe ampliar a oferta de solo industrial aos terreos situados dentro do termo municipal de Alfoz. Deste xeito, ademais de promover o asentamento de novas empresas, a nova oferta de solo industrial no municipio, servirá como incentivo para a creación de máis oportunidades de emprego.
CORDIALIDADE E RECEPTIVIDADE
Emilio Lousas agradece a cordialidade do conselleiro Agustín Hernández, e a receptividade para estudar e impulsar moitas das xestións e reclamacións efectuadas. “Os novos dirixentes da Xunta de Galicia amosan unha boa disposición para facer realidade nun futuro próximo estas e outras actuacións pendentes do municipio, e isto é de agradecer”- afirmou o Alcalde.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



