Nota de Prensa e Recurso
FAISE REALIDADE O QUE ERA UN RUMOR A BERROS
Antonte, 14 de maio, celebrouse o proceso selectivo para o acceso á praza de auxiliar
administrativo (funcionario interino) no concello do Vicedo.
A rumoroloxía dicia que estaba adxudicada ……., e así foi.
Non o dixera Baltar?, ou foi Fraga?, que os/as fillos/as de cargos do PP estaban
xeneticamente mellor dotados/as ca os do resto ……
Non dubidamos da capacidade e intelixencia da persoa que resultou con maior puntuación.
Pero 8,75 puntos de 10 posibles ……..
E o Tribunal decide non outorgar puntuación algunha polos idiomas comunitarios,
contempladas no punto 8.1 E) das bases, por entender que o coñecemento dos mesmos non
é relevante. Enton para que o incluen como méritos?. Tribunal imparcial???
Que ven lle veu ao Sr. Alcalde que solicitase a filla dun funcionario que figuraba no
tribunal, para desviar a atención do fin perseguido.
Datos das probas:
OPOSICIÓN
-1ª Proba, exercicio (10 preguntas, 1 punto por cada resposta correcta, outorgandose
discrecionalmente polo Tribunal a puntuación daquelas preguntas que non foron
contestadas na súa integridade…….) calificación mínima 5 puntos.
Suposta adxudicataria 8,75 puntos
Aspirante 1ª 6,00 puntos
Aspitante 2ª 5,10 puntos
-2ª Proba, obligatoria e de carácter eliminatorio, exercicio que permita valorar a
aplicación dos coñecementos e capacidades dos aspirantes a un suposto concreto …….
Suposta adxudicataria 6,50 puntos
Aspirante 1ª 5,00 puntos
Aspirante 2ª (non se presentou)
CONCURSO
– Puntuación por méritos e entrevista
_______________________Méritos____ Entrevista________Total_____
Suposta adxudicataria 2,90 2 4,90
Aspirante 1ª 1,60 3 4,60
CUALIFICACIÓNS FINAIS:
______________________Oposición___ Concurso________Total_____
Suposta adxudicataria 15,25 4,90 20,15
Aspirante 1ª 11,00 4,60 15,60
And the winner is …….!!! (a filla do Alcalde).
Seguro que, ademais da relación familiar, axudou que estivese desenrolando
estas tarefas no Concello durante este último ano (preparandose).
Onde está a necesidade urxente e inaprazable?
Cal/es é/son o/s programa/s?. Ou as acumulacións de tarefas?, non podendo estas exceder
dos seis meses nun periodo de doce. Isto segundo se contempla no artigo 10.1 do EBEP. E
deberia estar recollido na convocatoria.
O Grupo Municipal do BNG, presentamos recurso contra as bases.

















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



