Nota de Prensa
A PARALIZACIÓN NA TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES É UNHA PRÁCTICA HABITUAL NA DEPUTACIÓN, SEGUNDO ASEGURA O GPPP
• Os populares alertan do perxuizo que esto está a ocasionar ós veciños da provincia polo retraso que conleva na execución das obras previstas en diversas estradas da provincia
• Tamén salientan que xa se convertiu en costume aprobar facturas que contan con informe desfavorable do servicio de Intervención e que en pouco máis de mes e medio suman preto de 200.000 euros
Lugo, a 16 de maio de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular alerta das consecuencias negativas que o habitual e reiterado retraso que están a ter as tramitacións de expedientes por parte da Deputación provocará nos cidadáns desta provincia.
O voceiro adxunto dos populares na Deputacion, José María González Barcia, pon como exemplo que na Xunta de Goberno do pasado día 8 tramitouse un expediente de expropiación que se iniciara “nada menos” que o 15 de xuño de 2007 e que corresponde o ensanche e mellora da estrada Navia a Fonsagrada, do p.k. 0’000 ó p.k. 3’600.
Pero como éste hai, segundo González Barcia, “moitos casos”. Na primeira Xunta de Goberno deste mes de maio elevouse a definitivo un expediente de expropiación, aberto hai tres anos, referente ó acondicionamento da estrada Doiras-Degrada, nun tramo de 1.250 metros, e que pertence ó POS do ano 2005.
Na Xunta de Goberno do pasado día 15 de maio aconteceu o mesmo coa obra Cervantes-Doiras-Degrada, do p.k. 5’950 ó 8’950, cuxo expediente abriuse hai dous anos, concretamente o 4 de maio de 2007.
FACTURAS CON DISCONFORMIDADE.-
Outra das “teimas” do Presidente da Deputación “convertidas en costume”, segundo salienta González Barcia, é a aprobación de facturas coas que o servicio de Intervención amosa a súa disconformidade.
Así, as débedas aprobadas “con estas circunstancias” na Xunta do pasado 8 de maio ascenden a 108.341’68€ (correspondentes básicamente ós servizos de limpeza das dependencias provinciais ou doutras instalacións dependentes da Deputación) e as que recibiron o visto bon polo mesmo trámite na Xunta do 15 de maio e nalgunha do mes de marzo suman outros 91.258,71€, correspondente neste caso a limpeza do hospital San Rafael, “a pesares de que claramente se indica nos informes que non existe contrato para a prestación deste servicio e que se insta a que se formalice”.




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



