NOTA DE PRENSA
O GPPP CRITICA QUE A DEPUTACIÓN, A 31 DE DECEMBRO DE 2008, TIVERA SIN INVESTIR 6.500 MILLÓNS DE PESETAS DO SEU ORZAMENTO
* José Manuel Barreiro considera que así non se axuda ó desenvolvemento económico da provincia e achaca este reducido grao de execución á falla de adicación do Presidente da administración provincial
* Os populares salientan que mentres o gasto comprometido en investimento real é do 48,75 por cento, no adicado á concesión de subvencións, os capítulos de transferencias correntes e de capital, o grao de execución alcanza o 90,96 e 82,66 por cento respectivamente
Lugo, a 13 de maio de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular manifestou hoxe que a Deputación Provincial de Lugo tiña, a 31 de decembro de 2008, pendente de investir un total de 39 millóns de euros, ou sexa, 6.500 millóns das antigas pesetas, correspondentes o presuposto exclusivo da Deputación para o pasado exercicio.
O voceiro dos populares, José Manuel Barreiro, indicou, tras suliñar que eses cartos só se refiren o capítulo 6, o investimento real, que deste xeito non se axuda ó desenvolvemento da provincia, e menos en épocas de crise como o que estamos a vivir.
Barreiro dixo que os créditos definitivos para este capítulo, sempre a data do 31 decembro pasado, ascenden a máis de 75 millóns de euros, exactamente 75.482.629’90€, dos cales quedaron comprometidos 36.795.873’89€, o 48’75 por cento. Polo tanto, quedan sen comprometer un total de 38.686.756’01€, correspondentes ó orzamento exclusivo da Deputación.
Pola contra, outros apartados do presuposto, fundamentalmente os que se adican á concesión de subvencións, o gasto comprometido alcanza porcentaxes máis abultados. Así, no capítulo IV, o correspondente a transferencias correntes, o grao de execución, tamén a data 31 de decembro 2008, é do 90,96 por cento, é dicir, 20.033.961,65 euros; e no VII, o de transferencias de capital, é do 82,66 por cento, o que supón 17.318.078,97 euros.
En resumo, comparando, tanto en termos reais coma porcentuais, as partidas directamente adicadas a desenvolver a política clientelar e caciquil de reparto de axudas que practica a Deputación e a de investimento real, as primeiras dobran sempre á segunda.
SITUACIÓN PREOCUPANTE.-
Pero para o voceiro dos populares hai aínda un dato máis preocupante: os gastos que realmente recoñece a Deputación en investimentos reais, que ascenden a 24.867.133’42€, só representan o 33 por cento do total adicado a investimentos.
As conclusións, segundo José Manuel Barreiro, que se poden sacar desta situación son dúas:
Primeira: o pouco traballo do bigoberno provincial impide que se axilicen os investimentos reais. Explica neste senso o voceiro do grupo popular que aínda que os ornamentos de 2008 aprobáronse ben entrado o ano, queda patente que non había moitos proxectos preparados, porque de ser así estarían comprometidos bastantes máis cartos dos que había a finais do pasado ano.
Segunda: con este xeito de actuar, “con esta falla de adicación reiterada”, segundo suliñou, non se axuda ó tecido productivo provincial a sair da crise.
Os populares instan “unha vez máis” ó Presidente da Deputación a que reduza “un pouquiño” a súa actividade propagandística e que traballe un pouco máis, principiando por poñer en movemento eses cartos para que contribúan a dinamizar a economía provincial.
“Se houbo tempo para facer as obras de remodelación do Pazo Provincial con só dúas empresas, tamén tén que haber tempo para executar o orzamento e que éste repercuta no tecido productivo provincial e en executar infraestructuras que vertebren a provincia”, engadiu Barreiro.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



