NOTA DE PRENSA
A pesares da denuncia pública efectuada por Balseiro Orol nas pasadas semanas novas queixas dos usuarios destes servizos médicos poñen de relevo que a situación está a empeorar incrementándose as listas de espera nos centros que o Instituto Social da Mariña ten en Burela e Viveiro
O VOCEIRO DO MAR DO PPdeG PROMOVERÁ UN ACORDO DO PARLAMENTO DE GALICIA INSTANDO AO GOBERNO DE ZAPATERO A CORRIXIR AS DEMORAS NOS RECOÑECEMENTOS MÉDICOS DO ISM
* Os populares lembran que estas probas, que acreditan o bo estado de saúde daquelas persoas que van a embarcar, son preceptivas segundo a lexislación vixente.
* A través dunha proposición non de lei o PPdeG instará ao Goberno de Zapatero a artellar os mecanismos que sexan necesarios para dar solución a esta situación e, nomeadamente, reclamarán o reforzo dos medios persoais e materiais dispostos polo ISM nas comarcas da Mariña lucense, de tal xeito que se garanta a calidade desta prestación básica para a protección da seguridade e saúde das xentes do mar.
A Mariña, 30 de maio de 2009.- O parlamentario popular Jose Manuel Balseiro Orol ten constancia de novas queixas dos usuarios dos servizos médicos do Instituto Social da Mariña (ISM) na nosa comarca. A pesares de que fai unhas semanas o propio deputado popular efectuou unha denuncia pública na que puxo de relevo que se estaban a producir importantes demoras no establecemento das citas que este organismo outorga para que aqueles que teñen previsto embarcar poidan efectuar o correspondente recoñecemento médico, a situación está a empeorar e as listas de espera aumentan.
Ante esta circunstancia e convencido da necesidade de dar solución urxente á situación descrita Jose Manuel Balseiro, voceiro de asuntos do Mar do Grupo Parlamentario Popular, promoverá un acordo na Cámara autonómica a través do que se lle inste ao Goberno socialista central a artellar os mecanismos que sexan necesarios para dar solución a esta situación e, nomeadamente, reclamará o reforzo dos medios persoais e materiais dispostos polo ISM nas comarcas da Mariña lucense “de tal xeito que se garanta a calidade desta prestación básica para a protección da seguridade e saúde das xentes do mar”.
RECOÑECEMENTOS PRECEPTIVOS
Balseiro lembra que os recoñecementos médicos que o ISM practica, e a través dos que se acredita o bo estado de saúde daquelas persoas que van a embarcar, son preceptivos segundo a lexislación vixente. Pero como xa adiantou na súa primeira denuncia pública, os retrasos de ata tres meses –nos casos máis graves- ou o feito de que as probas médicas teñan que efectuarse en distintos días, fan que en moitas ocasións os mariñeiros e tripulantes das embarcacións pesqueiras perdan unha marea, ou teñan que modificar dun xeito prexudicial para os seus intereses as súas previsións de traballo no mar.
FUNCIONAMENTO ANÓMALO DA ADMINISTRACIÓN
“Non pode ser que un funcionamento anómalo da Administración Pública dependente do Goberno socialista de Zapatero vaia en prexuízo das xentes do mar. Estamos a falar dun servizo básico de importancia radical, por canto se trata de garantir que as persoas que embarcan poden facelo en perfecto estado de saúde. O esquecemento no que o Goberno central mantén á Mariña lucense non pode chegar ata estes extremos. De aí que, despois que a denuncia pública non fora suficiente, decidimos promover un acordo parlamentario para que sexan as institucións galegas e, de ser posible, por acordo de todas as forzas políticas, ás que insten a administración central a corrixir estas deficiencias. Seguramente así, farán caso”-explicou o voceiro do mar do PPdeG.
NOVAS QUEIXAS NAS OFICINAS PARLAMENTARIAS
O Instituto Social da Mariña practica recoñecementos médicos nas instalacións de Burela e Viveiro. Precisamente foi o mal funcionamento destes servizos os que levaron a moitos veciños desta comarca a trasladar a súa queixa e, neste caso, as súas novas inquedanzas, ata as oficinas parlamentarias do Partido Popular na Mariña, sitas en Viveiro e Ribadeo.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



