RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo acolleu esta mañá a presentación da II Volta ás Comarcas de Lugo – Gran Premio Deputación – que se desenvolverá os días 29, 30 e 31 de maio por varias zonas da Mariña, Lugo, Os Ancares e Chantada. En total participarán 18 equipos: 7 galegos, 2 portugueses, outros 7 españois, 1 ruso e 1 italiano. A primeira etapa desta Volta ás Comarcas de Lugo terá como punto de saída e chegada Ribadeo. Ás 13:30 horas do día 29 de maio comezará a primeira das xornadas na que os participantes percorrerán un total de 142 kms pasando polos concellos de Viveiro, Mondoñedo e Burela.
O concelleiro de Deportes, Vicente Castro, sinalou que se trata “dunha proba de élite que é a antesala do ciclismo profesional. É unha oportunidade importante para Ribadeo, dado que acollerá unha proba destas características na que participan uns 150 corredores e toda a montaxe da organización e dos clubes que traen a Ribadeo a unhas 500 personas. É importante tanto desde o punto de vista deportivo como turístico para dar a coñecer e difundir a imaxe de Ribadeo e para promocionar o ciclismo a nivel de base”. Castro engadiu que “a proba en sí é a menos dura das tres etapas que compoñen a volta que comenza na Mariña, segue o sábado por Lugo centro e remata o domingo en Chantada”.
Disculpas polas molestias
O edil nacionalista recoñece que a Volta ás Comarcas de Lugo “traerá consigo dificultades e molestias para os comercios e para os veciños de Ribadeo porque é equiparable a unha etapa da volta ciclista España. Suporá cortes de tráfico importantes e a supresión de zonas de aparcamento durante grande parte do venres, algo que se verá compensado desde o punto económico e turístico”. Vicente Castro pide “a colaboración dos veciños e desde o Concello daremos a máxima información posible dos cambios que haberá no tráfico e dos peches de rúas e zonas de aparcamento. Xa adianto que as inmediacións da praza de abastos, Doutor Moreda e Vicente Pérez Martínez estarán cortadas como mínimo tres horas antes do inicio da proba previsto para a unha e media do mediodía, e á chegada ás catro e media estarán cortadas durante unha hora a entrada desde O Voar, a Avenida de Galicia, Avenida de Asturias ademáis do entorno da praza. Iremos concretando os detalles ao longo destes días e pido disculpas polas molestias ocasionadas. Estarán valadas a Avenida de Galicia e a Avenida de Asturias desde a rúa Vilalba ata a rúa Reinante aproximadamente, entón en toda esa zona estará prohibido o estacionamento e estará afectada tamén por diversos cortes de tráfico”.
Colexios
O Concello tamén “pediu colaboración aos colexios de Ribadeo para que suspendan as clases unha hora antes da chegada desta proba e así evitar as complicacións do tráfico que ocasiona a saída dos centros e para que os rapaces tamén poidan acudir e disfrutar desta Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo que chegará a Ribadeo a partires das 16:30 horas”, seguiu a relatar Vicente Castro.
O concelleiro de Deportes tivo palabras de agradecemento para a organización da proba que corre a cargo do Clube Ciclista Cidade de Lugo e tamén para Área de Deportes da Deputación “por darnos a oportunidade de disfrutar desta proba, deste nivel e de brindarnos esta ocasión porque Ribadeo non tivo moitas oportunidades coma ésta. Que eu recorde desde unha meta volante da Volta a España no ano 1988 non disfrutamos de nada así”.






















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



