SANTIAGO .- O presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o goberno galego investirá 30 millóns de euros en asinar convenios con concellos para que os parados sen prestación económica nin subsidios poidan acceder a un posto de traballo. Esta medida beneficiará a catro mil persoas.
REFERENCIA
Feijóo anuncia 30 millóns de euros en convenios cos concellos para que os 4.000 parados sen prestación económica nin subsidios complementarios accedan a un posto de traballo
Resalta que unha das primeiras actuacións do plan de choque será facilitar emprego a todos os parados que non perciben prestación
“Saben que grazas a súa herdanza a Xunta ten que gobernar en dous escenarios, nun de profunda recesión económica, e noutro dunha insuficiencia presupostaria de 1.200 millóns de euros entre a insuficiencia dos ingresos e os gastos autorizados pero sen presuposto”, asegurou o máximo mandatario galego en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios socialista e nacionalista
Asegura que a anterior Consellería de Traballo tiña “embalsamados” ERES que afectaban a 10.000 traballadores galegos e lle concedeu 30 millóns de euros, sen asegurar o futuro da plantilla, a unha empresa que ten agora problemas
Salienta que o Goberno galego concedeu en 50 días 2.850 axudas da Lei de Dependencia, o 30% da totalidade do que o fixo o bipartito en dous anos
Feijóo anuncia 30 millóns de euros en convenios cos concellos para que os 4.000 parados sen prestación económica nin subsidios complementarios accedan a un posto de traballo
Santiago, 10 de xuño de 2009.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o seu Goberno investirá 30 millóns de euros en asinar convenios con concellos para que os parados sen prestación económica nin subsidios poidan acceder a un posto de traballo. O máximo mandatario galego destacou que esta medida beneficiará a 4.000 galegos, e salientou que unha das primeiras actuacións do plan de choque será facilita emprego a todos os parados que non perciben prestación. Así, enfatizou que “só co que imos aforrar en altos cargos, en asesores e en asistencias técnicas, imos poñer estes 30 millóns de euros á disposición dos 4.000 parados que xa non cobran ningunha prestación, un traballo digno”.
Nesta liña, Alberto Núñez Feijóo detallou que o Plan de austeridade do Goberno galego consiste, entre outra actuacións, en aforrar 13,5 millóns de euros en gastos e consumos correntes, en diminuír as achegas á administración paralela en 37 millóns de euros, e en que “os funcionarios traballen máis e se fagan menos asistencias técnicas con empresas externas”, cun aforro de 18 millóns de euros neste apartado.
Na súa resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, Feijóo se comprometeu, ademais, a superar en 10 puntos a cifra de execución dos Orzamentos do goberno bipartito. “Vostedes executaron do capitulo VI dos Orzamentos, nos catro anos escasos que estiveron no goberno, menos do 70% do investimento. Eu asumo o compromiso solemne de superar en 10 puntos a execución de calquera dos anos en que vostedes gobernaron”, asegurou o presidente galego. “Estamos respondendo, traballando e gobernando. E facémolo, ademais, coa corresponsabilidade dos axentes económicos, como fixemos no sector lácteo e no da automoción”, engadiu Feijóo, quen defendeu que o Plan re-Móvete de axuda á automoción posto en marcha polo Executivo autonómico é “unha proposta clara e concreta” que se está a aplicar “en todos os concesionarios de Galicia” e que permitiu que no último mes se incrementase nun 10% a matriculación de vehículos.
Unha herdanza cunha insuficiencia presupostaría de 1.200 millóns de euros
Na súa intervención, o máximo mandatario galego asegurou que a herdanza que o seu Goberno recibiu do bipartito fai que a Xunta non teña a penas marxe de manobra para o ano 2009. “Saben que grazas a súa herdanza o Goberno galego ten que xestionar en dous escenarios, nun de profunda recesión económica, e noutro dunha insuficiencia presupostaria de 1.200 millóns de euros, entre a insuficiencia dos ingresos e os gastos autorizados pero sen presuposto”, explicou.
“Estamos preocupados por solucionar os problemas que herdamos”, afirmou Núñez Feijóo. “Cómo vostedes lle poden dicir a Lugo que ían abrir un hospital sen un euro no capítulo de investimentos cando o equipamento custa 50 millóns de euros?; cómo explica que se desviaran no proxecto da Cidade da Cultura máis de 3.000 millóns de pesetas, 20 millóns de euros?; cómo poden explicar que no Instituto Galego de Vivenda e Solo haxa máis de 40 millóns de euros de ingresos ficticios que imposibiliten políticas razoables de vivenda e solo industrial?; cómo poden explicar, no caso da autovía de Carballo, que vostedes enganaran a toda a comarca cando puxeron a primeira pedra cando xa estaban advertidos pola empresa de que a obra non podía comezar por insuficiencia financeira?; cómo lle pode dicir no traspaso ao conselleiro que temos un problema na depuradora de Vigo porque falta por asinar o convenio cando agora sabemos que é porque vostede só deixou 5 millóns de euros para unha obra de máis de 120 millóns?”, espetou o presidente galego na súa resposta ao voceiro do grupo socialista.
ERES “embalsamados”
Na súa intervención, o máximo mandatario autonómico lembroulle, ademais, ao Bloque Nacionalista Galego que, mentres agora semellan moi preocupados polos expedientes de regulación de emprego, cando formaban parte do Goberno galego lle concederon 30 millóns de euros a unha das empresas que actualmente teñen problemas sen asegurar o futuro da plantilla. “Os expedientes de regulación de emprego estaban embalsamados na Consellería de Traballo, sen autorizar”, afirmou o presidente, quen explicou que ao chegar ao Goberno, o actual Executivo atopou con máis de 10.000 persoas afectadas por eses expedientes.
Ademais, o presidente galego sinalou que cando asumiron o Goberno se toparon con que o bipartito “non tiña pagada a Lei de dependencia”, mentres que agora “en 50 días, nós pagamos 2.850 axudas, o 30% da totalidade do que vostedes en dous anos”. “E imos seguir, porque temos o compromiso de que non nos volva pasar isto”, resaltou o máximo mandatario autonómico, en referencia a que “ocupamos o último posto en España en servizos e prazas para atender aos maiores despois de catro anos de benestar do bipartito”.
Por último, o presidente da Xunta destacou a preocupación do seu Goberno pola seguridade marítima, pero matizou que, desde o seu punto de vista, esta “non consiste en mercar vehículos”, senón nas “horas efectivas dos vehículos”. “Os vehículos non salvan vidas, son as tripulacións, e por iso o que hai que aumentar as horas da tripulación e as horas dos vehículos”, afirmou Feijóo, para engadir que o compromiso da Xunta é “pasar dun tempo medio de resposta no salvamento marítimo en toda a costa galega de 30 minutos a 10 minutos”.























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



