NOTA DE PRENSA
Balseiro explica que o Plan de Emprego Municipal impulsado pola Xunta de Galicia transferirá 34 millóns de euros a todos os concellos da nosa comunidade para que asinen novos contratos cunha duración de entre seis e nove meses
OS CONCELLOS PODERÁN CONTRATAR AOS PARADOS QUE NON RECIBAN PRESTACIÓN ANTES DE QUE REMATE O MES DE XULLO
* BENEFICIARIOS: O 35% dos desempregados lucenses non están a obter ningún tipo de prestación ou subsidio público e, polo tanto, están a pasar especial dificultades derivada da falta de ingresos
* Os ámbitos de actividade das novas contratacións son os servizos medioambientais, culturais, educativos, turísticos, deportivos, de protección civil e informática.
A Mariña, 23 de xuño de 2009.- O deputado autonómico do Partido Popular de Galicia (PPdeG), Jose Manuel Balseiro Orol avanzou que antes de que finalice o mes de xullo estarán contratados 4.000 parados que esgotaron a súa prestación por desemprego en Galicia. As contratacións efectuaranse con cargo aos 34,7 millóns de euros que o novo Goberno de Galicia transferirá ás distintas entidades locais en aplicación do que denomina como Plan de Emprego Municipal que puxo en marcha a Consellería de Traballo e Benestar, e a través da que se promove a contratación de parados sen subsidio.
Onte o Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicaba a resolución na que se establecía o perfil das actividades a desenvolver polas persoas que van a ser contratadas, todas elas, en ámbitos relacionados cos novos “viveiros de emprego”, isto é os servizos ambientais, educativos, culturais, turísticos, deportivos, de protección civil e de novas tecnoloxías e informática.
Serán os distintos concellos os que ao longo das próximas semanas deberán iniciar os procesos de selección destes traballadores. A duración dos contratos que se asinen con cargo a este plan que ten por obxecto mellorar a empregabilidade destas persoas, facilitar a súa práctica profesional e a súa posterior reinserción laboral pero tamén, garantir que poidan obter uns ingresos mínimos, se situará entre os seis e os nove meses.
Na actualidade, o 35% dos desempregados lucenses non están a obter ningún tipo de prestación ou subsidio público. Precisamente este colectivo é o beneficiario principal deste plan posto en marcha pola Xunta de Galicia.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



