Nota de Prensa
González Barcia afirma que o campo de o BNG non fixo nada por Burela.
Considera que Nieves Cando perdeu dous anos de “convivência” coa Xunta bipartita.
Barcia pídelle seriedade e non confrontación.
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que o BNG non fixo nada por Burela, porque non foron capaces de facer o campo de fútbol artificial da Marosa, solicitado hai máis de dous anos polo goberno municipal do PP, e porque nunca aceptaron que a escola infantil e a súa ampliación foxe xestionada por gobernos da Xunta e municipal do PP. Mesmo se opuxeron á financiación da Casa do Concello e da Praza. Polo tanto, segundo Barcia, non deben poñerse nerviosos, tal e como lle está a pasar a Nieves Cando ultimamente.
Barcia considera que Nieves Cando perdeu dous anos, de convivencia entre o bipartito da Xunta e o bigoberno burelés, pero quen os perdeu en realidade foi Burela. Non se vé ningún proxecto por ningún lado, diga o que diga, só temos o “Xantar na Casa”, e as axudas de corenta euros por material escolar, que aceptamos pero que nos parecen inxustas por ser universais precisamente.
Polo tanto, o que tén que facer Neves Cando, logo de serenarse, é aceptar que o PP quere colaborar co bigoberno, e decímolo publicamente, ainda que atopamos a calada por resposta. E ademais tén que buscar a vía do diálogo e non a da confrontación.
Así, coa súa forma de actuar, non se consigue nada, sólo poñerse, ela, mal dos nervios.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



