RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, considera “ moi positivo para Ribadeo que este ano poidamos ter un grupiño dunhas quince persoas de diferentes sectores que queren colaborar activamente na realización dunhas festas como Ribadeo merece. Desde o Concello vaise apoiar, como así se lles dixo nas varias reunión que mantivemos con eles nestes últimos tempos, para lograr que as festas de Ribadeo volvan ser importantes e que reclamen a atención de moitos veciños e de moita xente da Mariña e do Occidente asturiano”.
O rexedor conta que “para iso hai cousas que se puxeron enriba da mesa sobre posibles actividades para recadar máis diñeiro, sobre posibles cambios de localización das festas, e debo dicir que a realidade é a que é moitas veces, dificilmente se poden facer unhas boas festas si non se recada diñeiro, dificilmente se poden facer unhas boas festas senón hai xente que traballe e que axude. Parece ser que nesta parte xa vamos mellorando respecto a estes últimos anos, as festas igual contaban cunha comisión dunhas cinco persoas e agora vai haber unha dunhas quince, o cal é un paso importante”.
Colaboración cidadá
Suárez Barcia apunta que “agora queda ver a colaboración da cidadanía e do Concello que se compromete a seguir apoiando cunha cantidade fixa de 12.500 euros máis logo todo o que leva aparellado, alumeado público, persoal, enganche de luz… cifra que pode chegar aos 20.000 euros. Entendo que o Concello non debe ir máis aló, máxime nestes momentos actuais, pero quero facer un chamamento para que a xente, o sector comercial na medida das súas posibilidades que participen tamén. Debo dicir, e agardo que non lle parece mal a ninguén, que a veces en parroquias do noso mesmo concello se recada tanto como se pode recadar no que é a vila de Ribadeo e é algo que a cidadanía deberá corrixir”.
Fernando Suárez fai esa reflexión “porque a comisión de festas suxire varios cambios para este ano, hai algúns que se poden aceptar, pero outros non. A comisión actual suxire cambiar a situación das festas do parque de San Francisco ao aparcamento municipal de Ribadeo. Eu entendo que non deben producirse cambios drásticos, de súpeto. Hai que consolidalas primeiramente, hai que dar unha nova oportunidade para que se volvan celebrar aquí e si este ano non funciona ben aquí, a comisión actual di que está convencida por unha grande maioría que se pode recadar moito máis diñeiro no aparcadoiro municipal, si se ve que non se recada o previsto por estar aquí este ano, o alcalde e o goberno municipal dará liberdade para que si a comisión quere cambiar as festas de lugar o poida facer, pero eu entendo que ningunha solución leva razón absoluta”.
Menos molestias
O alcalde xustifica a súa postura e sinala que “aquí hai menos xente vivindo neste entorno e os trastornos quizais poidan ser menores… é unha responsabilidade moi grande para un goberno autorizar o cambio dunhas festas. Nós somos conscientes de que queremos ter as mellores festas para Ribadeo e somos conscientes de que queremos que a xente se divirta co menor perxuizo posible, e eso é moitas veces moi difícil de compatibilizar, pero creo que non se debe producir de un día para o outro ese cambio porque unha comisión, con todos os respectos, así o decida”. Fernando Suárez cre que “para este ano, e dado que estamos a dous meses das festas, non debemos facer cambios radicais, debemos facer melloras e por eso lles ofrecín máis dispoñibilidade de terreos aquí no parque de San Francisco. Oferteilles que poden ocupar a rúa San Francisco si queren para poñer barracas ou poñer algúns elementos que permitan recadar máis diñeiro. Ofrecinlles, tal e como me pediron, que a comisión poida poñer algún bar e que o recadado se lle entregue a comisión. Pódense facer determinadas cousas que eles suxeriron, pero o paso de cambiar este ano as festas de lugar creo que non é oportuno. Agora ben si todos estes cambios non son suficientes o goberno municipal para o ano que ven dará liberdade á comisión de festas para que as poida cambiar de lugar, pero este ano non”.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



