NOTA DE PRENSA
Os nacionalistas esixen un Plano específico de emprego para as auxiliares de Alcoa
O BNG esixe a Comisión Europea que suspenda o expediente contra Alcoa pola G-4
San Cibrao,1-Xuño-08. O Bloque Nacionalista Galego mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza con representantes do Comité de Empresa de Alcoa onde analizaron diferentes aspectos que teñen haber coa situación que atravesa a empresa alumineira.
Neste sentido o candidato do BNG ao Parlamento Europeo, Cosme Pombo, fixo referencia a situación que se cría na factoría co novo marco tarifario unha vez suprimida a tarifa G-4 así como ameaza de multa que pesa sobre a factoría por parte da Comisión Europea ao entender a mesma que a tarifa G-4 significaba unha axuda estatal.
No tocante ao primeiro aspecto os representantes do BNG deron conta da definición do novo marco tarifario para as empresas que teñen a consideración de grandes consumidores eléctricos aprobadas vai para quince días no Congreso dos deputados e que responde en boa medida as demandas que no seu momento foran formuladas pola Consellaría de Innovación e Industria e que tiveron translación ao Congreso dos deputados por parte dos representantes nacionalistas.Neste sentido Pombo valorou como unha boa noticia o contar cun marco tarifario que garante a continuación da actividade económica no complexo de San Cibrao que a dia de hoxe representa o principal centro de traballo de Lugo e que representa o 30% do PIB da Provincia.
Os nacionalistas, asemade, criticaron que por parte da Comisión Europea non se procedese a arquivar o expediente de sanción aberto pola Comisión Europea a Alcoa polas tarifas eléctricas de 2005 posto que a G-4 non pode ter a consideración de axuda estatal tal como plantexaba a Comisión. A este respecto Cosme Pombo afirmou que como establece o artigo 87, apartado 1 do Tratado da CE, para que unha axuda sexa estatal “debe implicar recursos estatais”. Porén o caso das tarifas eléctricas reguladas analizado pola Comisión non debería considerarse así porque a reducción que obteñen na súa facturación compénsase por un recargo que afrontarán estes consumidores en función do consumo que fagan durante os seguintes 14 anos e medio pola suposta avantaxe obtida en 2005.
Na mesma liña os nacionalistas denunciaron que non podemos falar de vantaxes na competencia con empresas doutros estados membros, porque existen figuras semellantes noutros estados membros que teñen menores niveis de apertura e liberalización có Estado Español, como é o caso de Italia, Dinamarca, Portugal, Irlanda, Grecia, Hungría, Chipre, Malta, Estonia, Lituania e Letonia. Neste sentido desde o BNG consideran que significa unha auténtica tomadura de pelo que a Comisión Europea pretenda expedientar a empresas por supostas axudas públicas cando día si e día tamén está a mobilizar inxentes cantidades de diñeiro para apoiar a diferentes sectores económicos como a banca ou a automoción. Xa por último o candidato do BNG Cosme Pombo comprometeu que o BNG plantexara na Cámara de Estrasburgo na próxima lexislatura unha iniciativa para que a Comisión proceda a arquivar o expediente aberto.
O BNG mantivo unha xuntanza na tarde de hoxe con Delegados das Empresas auxiliares, nas que analizaron a problemática que se está a vivir nas mesmas como consecuencia da ausencia de carga de traballo e a conseguinte perda de emprego e precarización das condicións laborais. Os nacionalistas que expresaron a súa solidariedade coa reivindicación dos mesmos comprometéronse a elevar as súas reivindicacións as diferentes administracións e denunciaron que non poden ser os traballadores quen paguen a consecuencia dunha crise que eles non provocaron. Nesta liña voltaron a esixir un Plano de Emprego para os case 200 traballadores das auxiliares que perderon o seu emprego no último ano e criticaron que o Goberno da Xunta se desentendese dos mesmos a pesar do compromiso electoral do Sr.Balseiro nesta cuestión. Pombo afirmou que Balseiro e o PP xa lle demostraron aos traballadores das auxiliares de Alcoa que carecen de palabra e neste criticou que se hai un plano para o sector do automóbil na comarca de Vigo porque non existe outro semellante para o sector do metal no Mariña de Lugo.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



