NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA
O GMPP ve a Cando “incoherente” coa escola infantil.
González Barcia mantén unha conversa en Santiago con López Abella.
Os populares lembran que o BNG sempre puxo atrancos á gardería de Burela.
O GMPP de Burela, a través do seu portavoz, José María González Barcia, considera que as declaracións de Nieves Cando sobre a escola infantil son cando menos desafortunadas, porque, segundo Barcia, “hai uns xeitos de gobernar, os do PP, e outros xeitos de gobernar, os do BNG, e os do BNG xa se vé que non atopan demasiada resposta dos cidadáns”. Ademais, Barcia afirma que non se pode pedir agora o que se negaba hai uns meses, cando o PP, xunto cos pais, denunciaba a situación da escola infantil.
González Barcia manifestou que hoxe mesmo tiña falado en Santiago con Susana López Abella, Secretaria Xeral de Familia e Benestar, quen lle reiterou que os arranxos se farían en tempo para non perxudicar ó alumnado e tentando interferir o menos posible no funcionamento do centro. Barcia aproveitou a conversa con López Abella para abordar outros asuntos de competencia da Secretaría Xeral de López Abella en Burela.
González Barcia considera que no caso da escola infantil Nieves Cando non está lexitimada nin para pedir nada, nin para criticar ó PP. Barcia lembra que a escola infantil foi xestión do PP, coa oposición do BNG para a súa financiación. E tamén lembra que a ampliación da gardería foi obra do PP, que tamén contou coa oposición do BNG para a súa financiación, neste caso co voto en contra persoal de Nieves Cando. E foi a xa desaparecida Vicepresidencia, do BNG, a que puxo todas as pegas habidas e por haber para abrir a ampliación da escola infantil, e Nieves Cando calou a boca e non soubemos o que pensaba ó respecto. Os pais e nais ainda están agardando para coñecer a súa postura ante a negativa de Vicepresidencia a abrir a ampliación da gardería.
O portavoz popular considera que Nieves Cando debe ir acostumándose a manter unha postura de diálogo institucional, e non buscar a política da confrontación. Agora ben, con declaracións coma estas quen se retrata é precisamente ela pola súa incoherencia.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



