NOTA DE PRENSA
Yolanda Pedreira explica que en novembro de 2006, cando o PP xestionaba a Deputación Provincial xa se aprobou a proposta do Concello un investimento próximo ao millón de euros para acometer estas actuacións
O GOBERNO MUNICIPAL LEMBRA QUE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DEMORA POR MÁIS DE TRES ANOS A FINALIZACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA NA ESTRADA RÚA-SAN ROMÁN-BURELA
* Atribúen estes atrasos á desidia e falta de compromiso dos actuais dirixentes provinciais e, como mostra disto sinalan, a maiores o silencio da administración provincial ante as peticións que o Concello está a facer para que procedan a rozar e adecuar as cunetas das vías provinciais ou reclamando colaboración na disposición das praias en perfecto estado de revista antes da época estival.
Cervo, 6 de xuño de 2009.- Despois de que na última sesión da Xunta de Goberno da Deputación Provincial se acordarse achegar 391.489 euros para finalizar as obras de mellora da estrada entre Rúa e Burela, o Goberno municipal cervense, a través da súa concelleira Yolanda Pedreira, vén de lembrar que esta actuación permanece pendente de remate desde o mes de novembro do ano 2006, última data na que os anteriores responsables provincias do Partido Popular procederon a aprobar ao inicio dos traballos.
“Ao igual que os veciños das parroquias cervenses de Rúa e San Román non podemos darnos por totalmente satisfeitos cando para rematar unha obra destas características a Deputación provincial demora as actuacións por preto de tres anos. Máis ao contrario, isto demostra a desidia, a falta de atención e o nulo compromiso dos actuais dirixentes provincias para co noso concello”
As actuacións de ensanche, mellora do trazado e pavimentación da estrada que transcorre entre Rúa, San Román e o veciño municipio de Burela naceron a proposta do Concello de Cervo que, no seu momento promoveu a súa realización con cargo a fondos provinciais.
Cando o Partido Popular tiña a responsabilidade de Goberno na Deputación lucense adxudicou estes traballos cuxo custe final ascende a preto dun millón de euros. En agosto de 2006 o ente provincial destinou 420.000 euros para que a empresa Cazas SL executara estas obras desde a estatua do filántropo D José Alvarez ata Burela (incluída a construción dunha ponte sobre o río Xunco). En novembro de 2006, o Ente Provincial aprobou unha achega de 360.500 euros para que a empresa Isidro Otero executase as obras desde a estatua do filántropo D. José Álvarez ata Rúa.
Malia que non se trataban dunhas actuacións tecnicamente complicadas, co cambio de xestores na Deputación provincial, tras o acceso do Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego, estas obras sufriron un parón, “e desde entón arrastran demoras que afastan no tempo a finalización dos traballos”. O Goberno municipal lembra que foron innumerables os escritos, rogos, peticións e reclamacións remitidas desde o Concello de Cervo ata a Deputación Provincial reclamando acelerar estas obras e, de xeito especial, poñendo de relevo as problemáticas que estaban a xurdir como consecuencia do atraso na execución das mesmas. Lembran así por exemplo que o Goberno provincial “mantivo durante meses o treito entre Rúa e San Román sen asfaltar e sen retirar os postes do tendido eléctrico que obstaculizaban o camiño e supoñían un risco de colisión”. Incluso o propio Concello tivo que executar, con persoal e medios municipais, a disposición de zahorra para tapar as fochancas e mellorar o perfil desta estrada cando permanecía en terra, ante a falta de interese do Goberno provincial.
Desde o Concello de Cervo veñen a desmentir as escusas dadas polos actuais responsables provincias que xustifican o atraso no remate destas obras porque non existían cartos suficientes para finalizar o pavimentado desta estrada. De feito recordan que o deber do Goberno provincial debera ser licitar e adxudicar as obras de asfaltado de xeito inmediato toda vez que o Executivo do PP na Deputación xa deixou todas as fases anteriores contratadas e cos cartos consignados.
En todo caso, e pese a que por fin é posible felicitarse porque van a rematarse estes traballos, o Concello de Cervo relaciona as demoras producidas nos mesmos co resto das cuestións que permanecen pendente de executarse. De feito, desde Cervo explican que pese a ter reclamado que se rocen e liberen as cunetas das estradas de titularidade provincial (afectadas polo temporal Klaus e polo propio paso do tempo) “pode comprobarse que a Deputación no está a facer nada”. Igual desidia afecta a outras peticións que fixemos como é o caso da cesión da motoniveladora para colaborar nos traballos de limpeza da praia de O Torno e mellora dos areais previa ao inicio da época estival. Ante ambos requirimentos do Goberno municipal a Deputación provincial está a gardar silencio.
















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



