NOTA DE PRENSA
Os populares promoverán que o Concello de Cervo desenvolva unha investigación para corroborar se edís do Grupo Socialista están a acceder a dependencias municipais sen autorización tal e como sospeitan á luz dos indicios existentes
O PP SOSPEITA QUE A DESAPARICIÓN DA PLACA INAUGURAL DA PISCINA DE LIEIRO PUIDERA SER UNHA MONTAXE DO PSOE
* Os populares subliñan que non se descarta a reposición dunha nova placa inaugural pero a prioridade e achegar novas axudas da Xunta de Galicia para mellorar as instalacións e servizos da piscina, unhas axudas que a Xunta bipartita negou pese a telas solicitadas.
Cervo, 06 de xuño de 2009.- O Partido Popular de Cervo sospeita que a desaparición da placa inaugural da piscina de Lieiro cuxa reposición reclama o Valedor do Pobo puidera ser unha montaxe do Grupo Municipal Socialista. Estas sospeitas nacen despois de ter coñecemento de que edís do PSOE local están a acceder a dependencias municipais de uso restrinxido para o persoal do concello sen contar coa autorización pertinente. A placa inaugural da piscina foi retirada con ocasión dunhas obras de mantemento realizadas nestas instalacións e colocada provisionalmente nun almacén municipal onde agora non aparece, e no que existen indicios de que puideran ter accedido os edís do PSOE sen o debido permiso. Nesa liña xa adiantan que o PP reclamará que o Concello de Cervo desenvolva unha investigación formal para corroborar estes feitos e tomar as decisións oportunas.
POLÉMICAS ESTÉRILES DOS SOCIALISTAS
“Os edís do PSOE están moi nerviosos, desesperados por ter protagonismo nos medios de comunicación e sometidos a críticas dos seus simpatizantes despois de que elección tras elección estean a perder votos. Por iso non descartamos que esteamos ante unha montaxe dos socialistas para provocar polémicas estériles que nada teñen que ver coas necesidades dos veciños deste concello que, podemos asegurar, teñen outras prioridades distintas a se na piscina municipal hai ou non hai unha placa lembrando a súa inauguración”- explican desde a formación local popular.
OUTRAS PRIORIDADES
Os populares explican que unha vez concluída a investigación formal, daráse conta do resultado ao Valedor do Pobo e non descartan que de verificarse que a placa de inauguración foi subtraída do almacén municipal e, polo tanto non é posible repoñela, proceder a colocar unha nova. En todo caso, para o Partido Popular a prioridade respecto da piscina municipal de Lieiro –das poucas en Galicia con tamaño olímpico no seu vaso- e achegar novas axudas dos actuais responsables da Xunta de Galicia para mellorar as instalacións e dotalas de máis e mellores servizos, entre eles unha nova área de ximnasio, con aparatos modernos e máis funcionais. Axudas que, por certo, pese a telas reclamado no pasado, a anterior Xunta bipartita, negou unha e outra vez.
“Está claro que para o PSOE aquí en Cervo e alí en Santiago, as prioridades son outras: se hai ou non unha placa, pero cando puideron facelo, e a pesar de telo reclamado desde o Concello, os socialistas non destinaron nin un só euro para mellorar na piscina”.

















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



