NOTA DE PRENSA
Coincidindo coas primeiras xornadas da costeira, José Manuel Balseiro pregunta á Xunta polas accións relativas tanto ao aspecto loxístico coma de creación de valor engadido, identificación e promoción do bonito do norte
O PPdeG INTERÉSASE POLAS MEDIDAS DE APOIO Á FLOTA BONITEIRA PREVISTAS POLO NOVO GOBERNO GALEGO
* O deputado salienta que, malia crise que afectou especialmente a esta flota nos pasados anos, o anterior Executivo galego non actuou con determinación, “poñendo de relevo a falta de iniciativa e a desidia duns xestores que daban unha imaxe certa do seu proxecto esgotado”.
Santiago, 16 de xuño de 2009.- O Grupo Parlamentario Popular ven de presentar unha iniciativa na Cámara na que se interesa polas medidas de apoio á flota boniteira previstas polo novo Goberno galego. O PPdeG reclama, así, a colaboración da Consellería do Mar para os centos de embarcacións galegas que poñen rumbo ás augas nas que se efectúa a pesca deste túnido. Para o portavoz do Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, “todos eles precisan da Xunta para que contribúa na tarefa de xerar valor engadido ás futuras capturas e poida garantir o seu apoio loxístico”.
Así, coincidindo cos primeiros días da costeira, José Manuel Balseiro pregunta á Xunta polas accións relativas tanto ao aspecto loxístico coma de creación de valor engadido, identificación e promoción do bonito do norte. O deputado considera especialmente necesaria a cooperación da Administración galega no eido da promoción, identificación e consumo do bonito capturado pola flota galega, de xeito que se contribúa a xerar valor engadido e a facilitar a tarefa de elección do consumidor, evitando a confusión que este pode ter en relación con este produto respecto doutros de inferior calidade.
“Desenvolver un intenso labor de promoción, empregando para iso todos os medios dispoñibles que contribúan a achegar ao consumidor final información sobre este recurso pesqueiro, debera ser, onte e hoxe, no pasado e no futuro, unha acción prioritaria do Goberno de Galicia”, apunta o deputado popular, quen resalta que o bonito galego “polo seu elevado valor nutritivo, constitúe unha aposta estratéxica dentro das novas esixencias en materia de alimentación”.
DESIDIA DA ANTERIOR CONSELLERÍA
O deputado salienta que, malia crise que afectou especialmente a esta flota nos pasados anos, o anterior Executivo galego non actuou con determinación, “poñendo de relevo a falta de iniciativa e a desidia duns xestores que daban unha imaxe certa do seu proxecto esgotado”. A ese respecto, considera que a anterior Consellería de Pesca “non traballou o suficiente, ou incluso esqueceu desenvolver as debidas tarefas de promoción deste túnido, a diferenza do que estaba a ser habitual nas lexislaturas previas á do Goberno bipartito”.
Balseiro lembra que a campaña do bonito, que realizan cada ano arredor de 500 barcos dos que 150 teñen porto base en Galicia, ten unha gran importancia polo seu impacto en canto a man de obra embarcada e en terra, volume de negocio e peso económico, así como polo seu impacto industrial no que respecta ao sector transformador e conserveiro, á parte do consumo en fresco.
A crise do sector pesqueiro afectou especialmente a esta flota, que se viu prexudicada pola problemática dos baixos prezos en primeira venda e a competencia de peixe foráneo, “non perfectamente identificado”. Ante esta situación, e malia que “afortunadamente, a previsión para a campaña que agora arranca achega datos que permiten albergar certo optimismo en comparación co acontecido en anos anteriores”, o PPdeG considera imprescindible “a complicidade e colaboración da nova administración pesqueira”.























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



