LUGO .- O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou este xoves o curso académico 2008-2009 da 5ª promoción da Escola de Imaxe e Son de Lugo, dependente da Fundación TIC. Os titulados dos ciclos superiores de Produción de audiovisuais, radio e espectáculos e Realización de audiovisuais e espectáculos tiveron como Padriño de excepción a Elías Rodríguez, presidente do Grupo Abaira, unha da empresas máis importantes de dobraxe de España.
Gómez Besteiro felicitou ós novos titulados que nos próximos meses comezarán a desenvolver a súa actividade en empresas do sector audiovisual. Neste senso, destacou que “a inserción laboral que acadamos dos nosos titulados ronda o 80%, algo que non é unha cuestión menos porque a crise económica tamén está a afectar a este sector”.
O máximo mandatario provincial explicou que para favorecer a inserción no mercado laboral a Fundación TIC ten deseñado un programa propio de bolsas de formación en empresas que durante estes últimos anos está a dar excelentes resultados, sendo cada día maior o número de empresas da nosa provincia, de Galicia e mesmo doutras comunidades que confían na formación dos titulados. Neste senso, engadiu que “a Fundación TIC é sensible a esta nova realidade. Neste momento estamos a mellorar as instalacións e o equipamento técnico do Centro de Produción de Programas, para permitir a posta en valor de recursos audiovisuais que deben facilitar a promoción e difusión de contidos referidos á nosa provincia e mellorar a formación práctica que ofrecemos ós nosos alumnos”.
O acto de clausura de curso tivo lugar nos exteriores da Escola de Imaxe e Son de Lugo, na rúa Frei Plácido Rei Lemos e contou tamén coa presenza de familiares dos alumnos, así como do Alcalde de Lugo, José López Orozco. No transcurso do acto, presentouse o DVD “Proxectos EIS 2004/2009”, compilando así 5 anos de traballos producidos e realizados polos alumnos desta escola.
Un polifacético profesional de Trabada
Elías Rodríguez, polifacético profesional da comunicación, é recoñecido internacionalmente no mundo da publicidade, polo seu labor como locutor, actor, redactor e especialista en sonorización e dobraxe. É veciño de Trabada (Lugo) e está considerado coma un dos mellores narradores e comunicadores de España.
Gómez Besteiro destacou que “Elías representa o esforzo e o espíritu empredendor necesario en calquera actividade e por iso, constitúe un espello no que, os que a partir de hoxe iniciades unha nova traxectoria vital, podedes aprender valores, actitudes e cualidades para o éxito”.
O padriño desta promoción, o mellor narrador e comunicador publicitario de España, iniciou a súa traxectoria profesional en radio, realizando innumerables locucións publicitarias para diferentes axencias en España, Europa e América. Á súa traxectoria como profesional da comunicación únese a súa actividade empresarial: en 1989 funda Estudios Abaira, que se convertirá na máis importante empresa de doblaxe e sonorización de España e Portugal.
O Grupo Sound do que é Vicepresidente realiza a sonorización e dobraxe de longametraxes e series de televisión para diferentes mercados: series animadas como Los Simpson, Futurama ou South Park; series de ficción para TV como House ou Prision Break; ou longametraxes como El Orfanato, Mortadelo y Filemón, Ratatouille.
Elías Rodríguez ten numerosos recoñecementos pola súa laboura profesional e empresarial: Antenas de Prata e Ouro da Federación Española de Radio e Televisión, Medalla de Galicia, “pero a bo seguro a de Fillo Predilecto de Trabada é unha das máis importantes no seu extenso currículo”, apuntou Besteiro.




















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



