LUGO .- O responsábel da Área de Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, presentou no salón de actos da Deputación a XXVI Edición da Copa Deputación de Fútbol, que parte coa novidade este ano de incluír a I Edición da Copa Deputación de Fútbol Feminino. En A Mariña, o sábado 20 de xuño, ás seis da tarde, no campo de fútbol de Lourenzá, xogaran, para as categorías de 2ª e 3ª autonómica, os clubs de fútbol de Alfoz e Bóveda.
Nota de Prensa
O DELEGADO DE DEPORTES DA DEPUTACIÓN PRESENTOU AS FINAIS DA XXVI EDICIÓN DA COPA DEPUTACIÓN QUE SE DISPUTARÁN ESTA FIN DE SEMANA
As finais da XXVI Copa Deputación, na que participaron 81 equipos, disputaranse esta fin de semana e incluirán, como novidade, a I Edición da Copa Deputación de Fútbol Feminino
LUGO, 17 de xuño de 2009. O responsábel da Área de Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, presentou esta mañá no Salón de Actos da Deputación a XXVI Edición da Copa Deputación de Fútbol, que parte coa novidade este ano de incluír a I Edición da Copa Deputación de Fútbol Feminino. Antonio Veiga, no acto no que estivo acompañado do delegado provincial da Federación Galega de Fútbol, Carlos Mouriz, o asesor técnico de Deportes da Deputación, Eduardo Fernández Abel, e de varios directivos dos equipos que disputarán as finais, destacou os esforzos feitos pola Área de Deportes da Deputación en promocionar o deporte afeccionado lucense coa organización deste torneo, no que participaron un total de 81 equipos lucenses, e que contou este ano cun orzamento de arredor de 100.000 euros e repartirá entre os finalistas 25.000 euros.
Segundo anunciou o responsábel de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, o vencedor da XXVI Copa Deputación na categoría de 1ª Autonómica e Preferente Autonómica, percibirá un premio de 5.000 euros, mentres que o segundo clasificado recibirá 4.000. Esta dotación económica dos premios será a mesma para a final da I Edición da Copa Deputación de Fútbol Feminino, de 5.000 e 4.000 euros para campión e subcampión, respectivamente. Pola súa banda, os premios económicos para os finalistas do torneo disputado entre os equipos de 2ª e 3ª Autonómica serán lixeiramente inferiores, ficando en 4.000 euros para o vencedor e 3.000 euros para o subcampión.
Na súa intervención, o nacionalista Antonio Veiga quixo facer fincapé no traballo que está a desenvolver a Área de Deportes da Deputación a prol de fomentar o deporte de base e afeccionado entre a poboación, organizando para elo unha nova edición da Copa Deputación que logrou implicar este ano a 81 equipos de toda a xeografía lucense. Como novidade, dando mostra do interese e compromiso que adquiriu a Área de Deportes da Deputación por apoiar o deporte feminino, este ano disputarase a I Edición da Copa Deputación de Fútbol Feminino.
Para elo, o orzamento deste ano dedicado á organización do torneo Copa Deputación de Fútbol viuse incrementado até unha cifra próxima aos 100.000 euros. Este incremento permitiu que os equipos participantes ingresasen 385 euros por cada eliminatoria superada na competición que se disputa entre equipos de 2ª e 3ª Autonómica, e 450 euros por eliminatoria pasada entre os de 1ª Autonómica e Preferente Autonómica, así como levar a cabo por primeira vez a organización da edición da Copa Deputación de Fútbol Feminino.
Fase final
Na próxima fin de semana disputaranse as finais das diferentes categorías da XXVI Edición da Copa Deputación de Fútbol, segundo o previsto:
• Sábado 20 de xuño ás 18:00 horas: Campo de fútbol de Lourenzá. Final da XXVI Copa Deputación de Fútbol para as categorías de 2ª e 3ª autonómica que xogarán os clubs de fútbol de Alfoz e Bóveda.
• Domingo 21 de xuño
-Ás 17:00 horas: Estadio Anxo Carro de Lugo. Final da I Edición da Copa Deputación de Fútbol Feminino, que disputarán os equipos Atlético Muralla e o Friol F.C.
-Ás 19:00 horas: Estadio Anxo Carro de Lugo. Final da XXVI Edición da Copa Deputación de Fútbol para as categorías de 1ª Autonómica e Preferente Autonómica, que disputarán o Rácing Club Vilalbés e a S.D. Polvorín.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



