NOTA DE PRENSA:
O GPPP CONSIDERA AS CRÍTICAS DO EQUIPO DE GOBERNO Á XUNTA UNHA CORTINA DE FUME PARA DISIMULAR A PARÁLISE PERMANENTE NA QUE SE ATOPA A DEPUTACIÓN
* Os populares lémbranlle que a coalición PSOE-BNG leva case dous anos gobernando no pazo provincial e que durante ese tempo desaproveitaron a ocasión de forzar á Xunta a axilizar os asuntos que estaban pentendentes
* Califican as declaracións do voceiro socialista na Deputación coma un intento de desviar a atención sobre o verdadeiro problema de fondo: a inoperancia e ineficacia do Goberno que presidente Gómez Besteiro
* No GPPP non dubidan de que o Goberno que dirixe Núñez Feijoo atenderá con responsabilidade e dilixencia os compromisos adquiridos con Lugo
Lugo, a 9 de xuño de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular lametou que os voceiros do equipo de goberno da Deputación, Antonio Gato e Antón Bao, non lle esixan ós seus compañeiros a mesma premura na resolución dos asuntos que están pendentes na administración provincial ou que non o fixera ante os anteriores responsables da Xunta de Galicia como agora prentende facer co Goberno de Núñez Feijoo.
Na opinión dos populares, as críticas do equipo de goberno provincial só pretenden camuflar a súa propia inoperancia e a súa falta de adicación na resolución dos asuntos pendentes. Acusar ó Goberno de Núñez Feijoo de paralise resulta cando menos chocante si se compara co ritmo de traballo esgrimido pola Deputación de Lugo. Pese a todo, os populares non dubidan de que a Xunta de Galicia atenderá con responsabilidade e dilixencia os compromisos adquiridos con Lugo e atenderá debidamente as necesidades da provincia.
Parece, segundo sinalan dende o GPPP, que a falla de resolucións de certa transcendencia nas reunións semanais da xunta de goberno obriga ós integrantes do goberno que preside Gómez Besteiro a falar doutros para así ter algo que dicir e aparentar que se fai cando, en realidade, non se move nin unha folla no pazo provincial. Empregan, ademais, un argumento demasiado manido a estas alturas: a culpa sempre a teñen os demais, incluso un Goberno cuxo Presidente tomou posesión o pasado 18 de abril. Trátase, en definitiva e coma sempre, de botar balóns fora e de non asumir ningún tipo de responsabilidades.
Para os populares, que os voceiros do equipo de goberno provincial falen de parálise no Goberno da Xunta e poñan coma exemplo asuntos que foron paralizados polo propia Deputación pon de manifesto o cinismo e a hipocresía do seu proceder e, por extensión, do goberno ó que representa.
RITMO LENTO DE TRABALLO.-
Salientan dende o GPPP que, de entrada, a Deputación tivo case dous anos para resolver estas cuestións pero que daquela non parecía ter tanta prisa por facelo. Así, lembran que tanto o que se refire á trasferencia dos hospitais San José e San Rafael como á posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais foron dúas das cuestións que José Ramón Gómez Besteiro estableceu como prioritarias durante a súa toma de posesión como Presidente da administración provincial, pero que aínda seguen pendentes.
No primeiro caso, sen embargo, o proceso, xa posto en marcha por Francisco Cacharro en 2006, foi inicialmente paralizado e despois, a raíz da teórica creación en outubro de 2007 da comisión mixta encargada do seu seguimiento, ralentizado en exceso. A día de hoxe, de feito, aínda non se coñecen os detalles do traspaso cuxa negociación se abriu co anterior Goberno da Xunta e eso pese á insistencia do PP de que era urxente fixar o calendario a seguir.
Os parques de bombeiros comarcais correron a mesma sorte, fixeronse anuncios, establecéronse datas de apertura que despois se incumpliron e adquiriuse material que nin sequera está onde tiña que estar porque, a excepción do parque de Barreiros, aínda non hai dependencias que o poida albergar. Nada se sabe tampouco sobre a sorte que vai correr o parque de bombeiros de Monforte nin como se lle dará cobertura á zona da Montaña, por exemplo.
Para o GPPP, dende a firma do protocolo que ía rexir o consorcio encargado de xestionar estes parques o día 9 de xaneiro de 2008 transcurriu tempo suficiente, se realmente houbera vontade política de sacar adiante esta iniciativa, de poñelo andar. Para os populares, ésta é unha mostra máis do ritmo lento que impera na administración provincial tras a chegada do bigoberno.


















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



