BARREIROS (FNC) .- O Servizo de Salvamento do Concello de Barreiros organiza diferentes actividades que se impartirán nas diversas praias do municipio tódolos martes, mércores e xoves destes meses de verán.
O programa xa deu comezo o pasado martes con aerobic, xogos infantís e ximnasia. Mañá martes día 21 de xullo no aparcamento da praia de Coto haberá batuka, o mércores na praia da ría, xogos infantís e o xoves na praia de Remior, salsa aeróbic.
A vindeira semana, concretamente o martes 28, terá lugar na praia de Coto unha xornada adicada á tonificación, o mércores na praia da ría teremos xogos infantís e o xoves na praia de San Pedro, aeróbic latino.
Tódalas actividades se celebrarán en horario de tarde de 17.30 a 18.30 horas.
Durante o próximo mes de agosto tamén terán lugar moitas máis actividades na praia, como pilates ou batuka beach e ademais durante este verán haberá unha competición de salvamento infantil na praia da ría (Anguieira).
Actividades de batuka, aeróbic ou pilates durante o verán nas praias de Barreiros

Actividades de batuka, aeróbic ou pilates durante o verán nas praias de Barreiros
Relacionado
-
A Xunta colabora coa XXVIII Concentración de motos que se celebrará no Valadouro entre os días 1 e 4 de maio
-
Ante o apagón eléctrico xeneralizado o Concello de Cervo vén de activar o Plan de Emerxencias Municipal
-
Remataron en Ribadeo os traballos realizados na zona de Recarei e nas rúas do Cemiterio e Irmáns Moreno Ulloa