BURELA .- Do 31 de xullo ao 2 de agosto celebrarase en Burela a Feira dos produtos artesanais e ecolóxicos PRODUART09. ADEGA participará nesta Feira con posto e desenvolvendo diferentes actividades. O sábado 1 de agosto pola tarde terá lugar un Obradoiro de Biodiversidade para os nenos e nenas no recinto feiral (nova nave de redes do porto de Burela). Esta nova edición que ten como temática a biodiversidade e o medio ambiente, ADEGA participará cun stand informativo onde se expoñerán os diversos materiais divulgativos da asociación. O sábado pola tarde, Desirée Glez. Cardoso, educadora ambiental de ADEGA impartirá no mesmo recinto feiral, un obradoiro de Biodiversidade dirixido aos nenos e nenas que queiran achegarse e participar. Neste obradoiro aprenderemos a construír caixas niño, que servirán para favorecer a biodiversidade das aves nos nosos parques e xardíns.
PROGRAMA PRODUART 09
Feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, do 31 de xullo ao 2 de agosto. Nova nave de redes de Burela
Mesas Redondas Produart 09. Xornadas sobre a Biodiversidade e o Medio Ambiente
I Mesa : As enerxías renovábeis: un futuro sostible para tod@s
– Lugar : recinto feiral
– Data e hora: venres 31 de xullo ás 20.00 h.
– Poñentes: D. Xoán Ramón Doldan. Economista. Profesor Titular de Economía Aplicada da USC: “ A importancia das enerxías renovábeis no fin da era do petróleo”; D. Celestino Quintela Sabaris. Biologo. Secretario da Federación Ecolóxista Galega. “ A Pegada ecolóxica e as enerxías renovábeis”; D. Xosé García López. Técnico Instalador de queimadores de biomasa e sistemas de aire acondicionado ecolóxicos. Caso Práctico.
II Mesa: A Agroecoloxía: creando sinerxias para unha agricultura sostible.
– Lugar : Recinto feiral
– Data e hora: domingo 2 de Agosto ás 20.00 h.
-Poñentes: D. Ernesto Sánchez Salgado. Dtor Técnico de C.R.A.E.G.A “ Seguridade Alimentaria e Consumo responsable”; D. Manuel García. Mestre Agricultura Ecolóxica. Coordinador da S.Coop. Galegade Labregos Daiqui. “Transxénicos e Soberanía Alimentaria”; D. Edmundo Maseda. Productor ecolóxico. “A utilidade das plantas como tratamentos na Agricultura ecolóxica”.
Exposición: “Áreas Mariñas Protexidas” do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. CEIDA
Obradoiro de Biodiversidade realizado pola Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza-ADEGA. Construción de caixas niño para nen@s o sábado día 1 pola tarde, no recinto feiral.
Videoactiv@: Proxeccións continuas, durante as horas de apertura da feira. Diferentes documentais de temática medioambiental, artesanal e ecolóxica
Demostrart: Demostracións e degustacións nos stands da feira e no espacio adicado as actividades por parte d@s expositor@s.
Taboeiro Produart: disporá dun espazo adicado a publicidade de comunicacións, ofertas e demandas ecolóxicas de calqueira Asociación, Organización ou Colectivo interesado.
HORARIO de apertura ó público de Produart 09 venres 31 de xullo de 17.30 h. a 22.00 horas sábado e domingo, 1 e 2 de agosto de 11.30 h. a 14.00 horas e de 17.30h. a 22.00 horas





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



