Nota de Prensa
O BNG convida a todos os focegos a participar da tradicional festa
Foz celebra o 1 de Agosto a Festa do Chicharro Lañado
O vindeiro sábado 1 de Agosto o Bloque Nacionalista Galego vai celebrar en Foz a XVI edición da súa tradicional Festa da Patria coa que se pon remate ao conxunto de actos que os nacionalistas viñeron realizando na Comarca da Mariña para celebrar o Día da Patria Galega. Nesta ocasión o acto dos nacionalistas vai contar coa presenza de diferentes dirixentes da organización e de Antonio Veiga, Responsábel-Portavoz Comarcal, que dirixirá unhas palabras aos asistentes xunto ao portavoz Municipal Xoán Carlos González Basanta.
Ao igual que noutras ocasións a romaría celebrarase na explanada do Porto, xunta a lonxa, e dará comezo ás 19:00h contando neste acto coa participación dos grupos de gaitas da Subela e máis do feitizo que animaran a xornada. Neste ano xunto a tradicional oferta gastronómica organizaranse actividades para os máis cativos desde o inicio da xornada.
Como xa ven sendo norma o prato forte desta xornada festivo – reivindicativa o BNG vai preparar máis de 1000 racións de chicharro lañado con cachelos, xunto a liscos e chourizos. Non é casual que é os nacionalistas aposten polo chicharro lañado, posto que se trata dun prato característico da dieta do cantábrico galego, así como polas significacións que o chicharro ten para o conxunto dos focegos e da xente da comarca. Non debemos esquecer que o chicharro foi o principal sostén alimentario da mariña costeira nos anos da postguerra. Poren a nosa aposta polo chicharro lañado responde a poñer en valor a especificade da nosa dieta que é o que realmente nos diferencia e nos é propio en relación con outros territorios galegos no plano gastronómico.
Asemade esta aposta polo chicharro lañado, pesquería na que destacan aínda hoxe as nosas tarrafas do cerco, ten moito haber coa recuperación do noso pasado mariñeiro e a posta en valor dun producto do mar tan característico da nosa zona. Mais o vencello do chicharro con productos da terra como o touciño e os chourizos tamén simboliza en boa medida o que é Foz como mestura de mar e terra. O feito de que esta xornada coincida cun momento de fonda crise económica que está a provocar graves consecuencias no sector primario, nomeadamente no agro e na pesca, dálle unha especial significación, polo que pretende ser tamén unha xornada reivindicativa en apoio de dous sectores productivos centrais da nosa economía.
O feito de que esta xornada se manteña ao longo destes dezaseis anos evidencia de que se trata dunha festa de todos os veciños de Foz e da Mariña e así se explica a implicación de todo o pobo xa non na xornada festiva senón na preparación da festa gastronómica. Tanto é así que o BNG quere agradecer por adiantado a todas aquelas persoas que colaboran con nos lañando o peixe así como aqueloutros que colaboran asando o chicharro. A xente de Foz quere seguir lañando chicharro e non “pasando jurel por sal muera”, polo que do mesmo xeito que esta festa é unha reivindicación do patrimonio gastronómico que nos é propio, tamén pretende ser unha afirmación do noso patrimonio lingüístico propio fronte aos intentos de xenocidio lingüístico por parte da Xunta de Galiza.
Xa por último o BNG quere convidar a todos os veciños de Foz e da Mariña a acudir a explanada do Porto o vindeiro Sábado 1 de Agosto a partir das 19:00 h a degustar chicharro lañado e a celebrar con nos esta tradicional romaría do verán focego.



















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



