NOTA DE PRENSA
O GMPP asegura que o Concello deixará de recaudar este ano preto de cen millóns de pesetas.
Corresponden a tasas urbanísticas que será imposible recaudar pola crise.
Os populares pediron unha modificación do actual presuposto á baixa.
O GMPP de Burela afirmou hoxe que o presuposto do concello do presente ano acabará cun merma de ingresos de alomenos cincocentos mil euros, preto de cen millóns das antigas pesetas, porque eses ingresos serán imposible de materializalos dado que se corresponden ó capítulo de tasas por licencias urbanísticas e agora mesmo non se están dando licencias de obra nova por culpa da crise económica.
A baixada da recaudación do concello, que nos demais conceptos está sendo a agardada, debería traer consigo unha baixada do gasto, cuestión que os populares pediron no pleno do pasado luns; mesmo debería revisarse á baixa o conxunto do presuposto, para manter un equilibrio de ingresos e gastos, que nestes momentos non se está dando. Os populares consideran que na partida de gastos diversos só quedan escasamente cen mil euros para o que queda de ano, cando a principios había unha dotación de cerca de medio millóns de euros. É decir, en propaganda e parrandadas xa se gastaron este ano catrocentos mil euros. O que demostra que socialistas e nacionalistas son gastadores e derrochadores cos cartos de todos, e que non lles importa pagr con retraso ou endebedarse.
Por outra parte, os incrementos de presuposto que houbo son todos de carácter finalista, por exemplo o Plano E, gracias ó cal se pode facer algunha obra, pero esa condición de finalista impide que os cartos se desvíen a outros gastos que non sexan eses para o que están destinados. Igualmente, o remanente de tesorería do ano pasado é tamén practicamente finalista, dado que inclúe os cartos que se destinan á urbanización de Torrentes.
Polo tanto, a marxe de maniobra é mui escasa. Tanto é así, que o concello pode facer as inversións que tiña previstas con fondos propios gracias ó canon da auga, pero que só se cobrará este ano e que xa está comprometido.
De cara ó ano 2010, o PP augura que o presuposto ordinario non escederá dos cinco millóns e medio de euros, en contra dos seis millóns setecentos mil euros do presente ano; en todo caso, non chegará nunca ós seis millóns de euros.
Os populares entenden que a situación económica do concello non é a mellor, e que en dous anos PSOE e BNG demostraron que son gastadores e dilapidaron todo o traballo de aforro que se viña facendo desde a segregación.
Noutro orde de cousas, o portavoz dos populares en Burela e portavoz adxunto do PP na Deputación, José María González Barcia, indicou que o seu Grupo Popular Provincial retirou no pleno da Deputaciópn de onte a moción presentada no pleno anterior sobre o trazado do novo vial San Cibrao-Barreiros, por entender que o informe da Deputacion, fechado o pasado día 14 do presente mes, cumple coas espectativas que o GPP desexaba. Barcia lembrou que o PP tiña presentado no Senado unha proposición non de lei solicitando que Fomento modifique o trazado do vial ó seu paso polo termo muniicpal de Burela.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



