NOTA DE PRENSA
O portavoz do PSdeG-PSOE no concello de Lourenzá recoñoce agora que falseou a sinatura do documento de dimisión da súa compañeira de partido e Corporación despois de telo negado desde o primeiro momento
BALSEIRO AFIRMA QUE O CAMBIO DE DISCURSO SOBRE A FALSA DIMISIÓN DUNHA EDIL SOCIALISTA DE LOURENZÁ AMOSA O PROCESO DE DESORGANIZACIÓN INTERNA DO PSOE
• O secretario xeral dos socialistas lucenses queda agora en evidencia despois de atribuír a denuncia pública a unha conspiración do Partido Popular
• Balseiro Orol empraza ao seu homólogo socialista a rectificar publicamente polas súas gravísimas insinuacións contra o PP e a desculparse ante os veciños de Lourenzá polo censurable comportamento do voceiro socialista neste concello.
Santiago, 13 de xullo de 2009.- Para o secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, que o portavoz do PSdeG-PSOE no concello de Lourenzá recoñeza agora que falseou a sinatura do documento de dimisión da súa compañeira de partido e Corporación despois de telo negado desde o primeiro momento, deixa en evidencia a posición mantida desde a dirección provincial socialista que debera realizar unha rectificación pública polas graves insinuacións realizadas contra o PP. Máis en concreto, o secretario xeral dos populares lucenses lembra as declaracións do seu homólogo socialista, Luis Ángel Lago Lage que atribuíu a denuncia pública da edil laurentina á que lle falsearon a súa sinatura da acta de dimisión a unha manobra e conspiración do Partido Popular. “Os feitos demostran agora que estas afirmacións son totalmente falsas e polo tanto esiximos unha rectificación pública do dirixente socialista e que desde esta formación política pidan desculpas aos veciños de Lourenzá polo censurable comportamento do voceiro socialista neste concello”.
Segundo Balseiro Orol o acontecido con esta cuestión pon de relevo a as malas artes que empregan os socialistas cando teñen que enfrontarse ante problemas internos derivados da súa desorganización, así como tamén a falta de escrúpulos políticos dalgún dos seus representantes que en vez de poñerse mans á obra para clarexar o alí acontecido acusa aos demais de provocar uns problemas que só eles contribuíron a xerar. O secretario xeral dos populares lucenses amósase convencido de que a xustiza clarexará o acontecido neste concello, ante o máis que probable suposto de falsificación da sinatura dunha edil pero, polo momento, o que se sabe sen espazo para a menor dúbida é que se trata dun acto responsabilidade exclusiva do PSOE que para agochalo tamén pretende falsear a realidade. Este tipo de comportamentos fan moito dano á dignidade da clase política e á imaxe que ofrece ante os cidadáns.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



