RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, expresou esta mañá a súa satisfacción polo éxito de participación, por segundo ano consecutivo, esta tempada no paquete turístico Ribadeo, porta norte.
O rexedor explicou que “grazas a este programa que é financiado pola Deputación Provincial de Lugo cuns 12.500 euros, os visitantes que veñen de diferentes lugares, Asturias, País Vasco e incluso Madrid ou Valladolid, poden visitar Ribadeo nunha fin de semana a un prezo moi razonable de tan só 124 euros. Neste mes de xuño e as primeiras semanas de xullo, recibimos a unhas 400 persoas que coñeceron o noso entorno e fixeron visitas guiadas pola comarca. Todo isto contribúe a asentar a marca turística de Ribadeo como porta norte e supón tamén unha riqueza para a hostelería e o comercio ribadense que ven como estes turistas pasean, compran e visitan os diferentes establecementos da localidade e ademais levan unha imaxe positiva da nosa vila”.
Fernando Suárez sinalou que “como alcalde quero agradecer a estas 400 persoas que participaron no programa que é dende logo unha experiencia moi positiva, e tamén á Deputación Provincial de Lugo e á Vicepresidencia Terceira que aporta unha cantidade importante para que este programa se poida levar adiante e para que o prezo do billete sexa asequible. Hai que recordar que cos 124 euros os visitantes teñen cuberto o aloxamento, o xantar, as ceas, os desprazamentos, o paseo pola ría, a viaxe a Mondoñedo e o desprazamento á praia de As Catedrais. O Concello paga o custo que conleva a guía turística que acompaña a toda esta xente para explicarlles máis do noso concello e da nosa comarca da Mariña”.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



