BURELA (FNC) .- Hoxe terá lugar a inauguración da VII feira Produart de Burela. O acto será ás 19.00h da tarde e asistirán o alcalde de Burela, Alfredo Llano e a vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez. A feira estará aberta durante os tres días da fin de semana e coincidirá mañá coa XXV Feira do Bonito durante a xornada do sábado.
O alcalde, Alfredo Llano explicou que “hoxe imos iniciar unha fin de semana intensa e bonita para toda a xente de Burela e para a xente de fóra que queira achegarse ata aquí e gozar destes días. Ás 19.00h imos inaugurar a Produart, onde vai haber case 70 expositores de diferentes produtos, artesanía, comida, produtos ecolóxicos… vai haber un pouquiño de todo de tal maneira que será un extraordinario escaparate para promover as formas ecolóxicas e naturais de producir tanto para xantar como para gozar. Estará aberta tres días xa dende hoxe ás 17.00h da tarde, aínda que a inauguración oficial terá lugar ás 19.00h e non se pechará ata o domingo ás 20.00h da tarde”.
O rexedor sinalou que “complementando a Produart, que xa é bastante importante, vaise celebrar a XXV Feira do Bonito, que consolida esta festa tan importante para Burela porque promove, difunde e promociona o noso produto base, o bonito do norte. Hai que dicir que este ano a costeira esta indo moi ben, que é un produto que se está comercializando ben e que está tendo moitísima calidade. Levamos agora mesmo cerca dun millón de quilos facturados, un dato moi positivo e queremos que isto se transmita mañá na Feira do Bonito. Este festexo, que se celebrará mañá, está constituído por un amplo programa que comezará ás 11.00h cos Xogos da Costeira e que rematará ás 2.00 da mañá despois da tradicional verbena. Considero que é moi beneficioso para Burela e para toda a xente da comarca que queira achegarse aquí, ou de Asturias, ademais da moita xente doutros puntos que nos visita estes días. Debemos animar a todo o mundo a participar e gozar destes tres xornadas de ocio e festa”.
Alfredo Llano engadiu que “como homenaxe á xente do mar colocamos 20 fotografías de gran tamaño na parede do porto, en fronte da nave de redes que é onde se celebrarán as dúas festas. Soamente dicir que grazas anticipadas a toda o mundo que participa nestes eventos e invitar a toda a xente que se queira achegar a Burela para que goce dos tres días connosco”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



