REFERENCIA O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, respondeu a diferentes preguntas na comisión 8ª de pesca e marisqueo A Consellería do Mar destaca que a... Ler máis
NOTA DE PRENSA Este fin de semana terá lugar en Burela o II Aberto de Bonito, organizado podo Colectivo Cultural Buril de Burela. O sábado desenvolverase o Aberto de Billarda a partir das 16... Ler máis
NOTA DE PRENSA: A costeira desenvólvese desde principios do mes de xuño e ata mediados do mes de outubro e nela participan embarcacións procedentes de moitos portos galegos O PPdeG INTERÉSAS... Ler máis
Nota de Prensa ANTONIO VEIGA ASISTIU Á INAUGURACIÓN DA XXVI FEIRA DO BONITO DE BURELA A festa celébrase na explanada do porto burelao, e está organizada pola Sociedade Cultural e Recreativa... Ler máis
VALADOURO (FNC) . Nova cita gastronómica no hotel Vila do Val. Do venres 23 de xullo ao 15 de agosto o protagonista será o bonito. Os amantes do príncipe azul poderán degustalo á prancha, co... Ler máis
BURELA (FNC) .- A Delegación de Industria, Comercio e Turismo fai un balance moi positivo da participación do Concello de Burela na 48 edición da Feira Internacional de Mostras do Noroeste q... Ler máis
BURELA (FNC) .- Hoxe terá lugar a inauguración da VII feira Produart de Burela. O acto será ás 19.00h da tarde e asistirán o alcalde de Burela, Alfredo Llano e a vicepresidenta segunda da De... Ler máis
NOTA DE PRENSA DAVILA PEDE AO GOBERNO QUE REFORCE OS CONTROIS DE BONITO PROCEDENTE DE ITALIA DEBIDO Á ENTRADA DE PRODUCTO CAPTURADO CON ARTES PROHIBIDAS POLA UE A deputada do BNG faise eco d... Ler máis
BURELA (FNC) .- O concelleiro de Industria, Comercio e Turismo de Burela, José González Legazpi, fai unha valoración moi positiva da participación do Concello en Fimo, a Feira Internacional... Ler máis
BURELA .- Boniteiros vascos venderon en Burela os primeiros bonitos da costeira, que pasaron por lonxa a un prezo medio de sobre 9 euros o quilo. En total facturáronse uns oito mil quilos de... Ler máis
BURELA .- (FNC) A delegación de Mar ven de presentar a segunda edición do libro Os sabores do noso mar que neste caso está adicado ao bonito de Burela. A edil, Remedios López Villar, sinala... Ler máis
Os buques “Irmáns García Nodal” e “Sebastián de Ocampo” do Servizo de Gardacostas participaron na Costeira do Bonito co fin de prestar apoio técnico e sanitario aos 122 pesqueiros galegos qu... Ler máis
Unha plataforma para a “defensa del sector pesquero” pide apoio e solicita asistencia a unha manifestación que se celebrará en Madrid o día 30, diante o Ministerio de Pesca, como... Ler máis

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



