Nota de Prensa
O BNG DE VIVEIRO INTERÉSASE POLO RETRASO NA IMPLANTACIÓN DOS SERVIZOS DE TELECOMUNICACIÓN DA EMPRESA R
O concelleiro portavoz do Bloque Nacionalista Galego Xosé A. Goás Basanta interesaráse na vindeira sesión de pleno do Concello de Viveiro polo retraso na implantación dos servizos de telecomunicación da empresa R.
“Cónstanos—manifestou Goás Basanta—que esta empresa presentou neste concello a primeira das solicitudes para a ofrecer os servizos de telecomunicación en Viveiro e na data de hoxe nada se sabe.” Recentemente enteiramonos polos medios de comunicación que esta empresa xa ofrece servizos noutros concellos da comarca. Viveiro, sendo o primeiro dos concellos no que estivo interesada a empresa R—agosto de 2007—non conta aínda con este servizo de telecomunicación. O BNG quer coñecer as causas deste retraso, xa que non é comprensíbel que, co interese que nos consta tivo esta empresa por ofertar estes servizos, a tramitación, dous anos despois, sega empantanada.
Goás Basanta considera que os particulares e empresarios de Viveiro con interese en contar con este tipo de servizo deben ter unha explicación convincente dos motivos polos que Viveiro vai ficar, unha vez máis, sen estes servizos de telecomunicación.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



