SANTIAGO .- Presentouse en Compostela a programación da XXV edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se celebra do 9 ao 12 de xullo. Á cita acudirán Wolfstone, Xosé Manuel Budiño, Michael McGoldrick, Susana Seivane, Battlefield band ou Fred Morrison, entre outros. O festival “inclúe preto de vinte concertos gratuítos e que reforza o carácter intercéltico do evento”, asegura a organización.
Nota de Prensa
O Festival de Ortigueira celebrará a súa XXV edición retomando o espírito máis celta
A secretaria xeral para o Turismo, o alcalde de Ortigueira e o director-xerente da S.A de Xestión do Plan Xacobeo presentaron en Compostela o certame folk máis importante do Estado
Wolfstone, Xosé Manuel Budiño, Michael McGoldrick, Susana Seivane, Battlefield band ou Fred Morrison, entre as principais figuras do cartel do 2009
Santiago, 1 de xullo de 2009.- A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo; o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, o director-xerente da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, e máis o coordinador do Festival Ortigueira, Alberto Balboa, presentaron esta mañá en Compostela, a programación da 25 edición do veterano certame de música celta. Respaldados por representantes doutras entidades patrocinadoras como Estrella Galicia e Deputación da Coruña, descubriron os principais reclamos dun cartel, que inclúe preto de vinte concertos gratuítos e que reforza o carácter intercéltico do evento.
Ortigueira ultima os preparativos de cara á celebración do certame máis concorrido do verán español. Na localidade coruñesa, segundo o seu rexedor, xa está todo a punto para acoller aos milleiros de persoas de todo o mundo que se achegarán entre o 9 e o 12 de xullo para gozar “da mellor festa de Europa”.
Serán catro días nos que, tal e como subliñou Rafael Girón, a pequena vila, de pouco máis de 7.000 veciños, converterase de novo nun espazo multicultural único, e multiplicará a sua poboación. Adiantou o mandatario local que as previsións pasan por superar os 90.000 asistentes do pasado ano.
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, explicou o éxito do festival levouno a ser declarado en 2005 Festa de Interese Turístico Internacional despois de obter dous anos antes a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional. Deste xeito equipárase á categoría de festas como as Fallas de Valencia, os Carnavais de Tenerife, os Sanfermíns ou a Feira de Abril de Sevilla”.
Carmen Pardo engadiu “agardamos que a celebración do festival sexa un éxito para todos e constitúa un reclamo turístico máis para Galicia e o mellor dos escaparates para promocionar o vindeiro Xacobeo 2010”.
Programa 100% celta
No plano artístico, o coordinador do certame explicou que a oferta do Festival aposta pola “volta ás orixes musicais” do encontro. É dicir, tras anos de apertura a músicas de raíz non puramente celtas, a programación de concertos volve centrarse, apenas sen concesións, nos sons atlánticos.
Nesta liña, enmárcase, segundo explica Balboa, a presencia no Escenario Estrella Galicia de formacións como a irlandesa Michael Mcgoldrick band, a histórica Battlefield band ou a tamén escocesa Wolfstone que, coa a súa mestura de música tradicional e rock duro, é, sen dúbida, o grupo máis esperado polos afeccionados. Completa a contundente “delegación” de Escocia, o gaiteiro Fred Morrison, que ofrecerá un concerto na Praza de Isabel II.
En paralelo, o outro píar da programación constitúeno os artistas galegos. Neste sentido, Ortigueira servirá, como sempre, de plataforma de promoción internacional para os nosos músicos. En cartel, a estrea do novo álbum da gaiteira Susana Seivane, a prosposta de world music do gaiteiro máis anovador, Xosé Manuel Budiño, e o debut do grupo Arán e o seu folk galego e irlandés a partes iguais. Finalmente, reservará tamén espazo para a promoción dos grupo noveis, a través do “Proxecto Runas”.
Máis que música
O certame, cun orzamento de 600.000 euros, completa a súa oferta lúdica cun amplo abano de actividades paralelas, organizadas nesta ocasión, coa colaboración da Escola de Gaitas de Ortigueira, agrupación fundadora do festival en 1978. Artesanía, unha exposición fotográfica sobre a historia do evento, obradoiros de folclore galego, con mestres de excepción como Mercedes Peón, ou pasarrúas consolidan o carácter multidisciplinar do evento.
O alcalde de Ortigueira, invitou a todos os mozos a vivir a xoldra do Festival e o ambiente único da acampada no piñeiral da praia de Morouzos e subliñou o esforzo realizado en materia de servizos e infraestruturas para favorecer, na medida do posible, a comodidade dos visitantes.
Para rematar, referiuse á “vocación de futuro” que ten a alianza co Xacobeo para a organización deste “Festival do Mundo Celta” e quixo agradecer o apoio prestado por patrocinadores e colaboradores neste período, marcado pola complicada coxuntura económica. “Grazas á súa axuda -manisfestou Girón- podemos conservar os sinas de identidade do Festival: máxima calidade musical e, por suposto, a total gratuidade”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



