NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que Nieves Cando oculta as obras que fixo o PP na Casa da Cultura.
Os populares considérana “unha mentireira compulsiva”.
Consideran que a xestión de Nieves Cando está chea de incumplimentos.
O GMPP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que “está farto de aguantar a unha mentirosa coma Nieves Cando, que tenta ocultar todo o que fixo o PP en materia de obras na Casa da Cultura; a partires de agora non haberá nin a máis pequena condescendencia hacia ela, acostumada día sí e día tamén, pleno sí e pleno tamén, a mentir, a ocultar a verdade e a sembrar dúbidas e cirriscar lixo cada vez que fala, tratando de ocultar a súa incapacidade e irresponsabilidade á hora de gobernar un concello, incapacidade e irresponsabilidade que tén de sobra demostrado nestes dous anos que leva no bigoberno municipal, dado que a súa xestión está presidida polos incumplimentos”.
Segundo o PP, o último caso desta “mentirosa compulsiva” tén que ver coas obras que se están a facer ou se fixeron recentemente na Casa da Cultura. Os medios informativos recollen, entrocomilladas, as declaracións finais desta muller: “…dende a construcción da Casa da Cultura no ano 1992 non se abordou ningunha mellora por ningún grupo de goberno anterior”.
Primeiro, e para refrescarlle a memoria a este mentireira, decir que o Concello de Burela, logo da segregación, tivo que pagar máis de trinta millóns das antigas pesetas, máis de cento oitenta millóns dos actuais euros, en facturas derivadas da execución desta obra, que deixou de pagar un alcalde socialista, partido co que agora goberna Nieves Cando e do que ela ás veces se convirte en portavoz.
Segundo, e entre outras obras de carácter menor, o equipo de goberno do PP remodelou e transformou a Sala de Arte, convertíndoa na mellor da Mariña, recoñecida polos propios artistas. Acondicionou os locais das antigas oficinais municipais para poder tamén realizar exposicións (local que agora ela se preocupa de destrozar). Acondicionou e millorou a acústica do escenario e do Auditorio. Acometeu arranxos no teito do edificio. Todo esto foi feito con axudas da Xunta e da Deputación, e o seu importe rondou os trescentos mil euros.
Terceiro, as súas mentiras, incapacidade e irresonsabilidade non quedan aquí: como mostra, o campo de fútbol artificial da Marosa. Minteu cando dixo que estaría feito a finais da temporada 2008-2009, xa acabou a temporada e xa se ve como está o campo de fútbol artificial. Eso sí, tén convertido o recinto da Marosa nun vertedeiro de lixo e a tribuna sur está ainda como está logo do temporal de Xaneiro. Prometeu que cando gobernara crearía un Consello Municipal da Xuventude, leva dous anos e non hai nada de nada. Dixo que o BNG faría un novo pavillón de deportes en Burela, onde está? E por riba, tén o mérito de ser a primeira concelleira que deixa ás asociacións de Burela sen subvencións. Eso sí, baixo cuerda paga facturas ós seus “colegas e afíns ideolóxicos”.
O PP estima que a cidadanía de Burela debe coñecer a verdeira cara desta muller, que xa non camela a ninguén, e que en materia de cultura o único que fixo foi manter o que xa viña facendo o PP. Eso sí, non se corta en cobrar corenta e cinco mil euros ó ano, cousa que antes criticaba, pero que agora, como os cartos son para ela, entende como algo normal.



















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



