RIBADEO (FNC) .- Ribadeo será o primeiro concello galego en amosar a súa repulsa contra a violencia sexista no libro de recollida de sinaturas que impulsou hai un par de semanas o Concello de Betanzos. Ese libro percorrerá despois todos os concellos galegos que queiran sumarse a esta iniciativa.
A concelleira de Muller de Ribadeo, Mariluz Álvarez Lastra, explicou que “hoxe en Ribadeo recibimos de mans da concelleira de Muller de Betanzos unha iniciativa que fixeron no seu Concello, trátase dun libro de sinaturas en contra da violencia de xénero. É un acto simbólico co que se pretende aunar esforzos e que se recollan firmas para pedir que a problemática da violencia de xénero sexa tratada de maneira institucional, como se está tratando, que non se escatimen esforzos e que os medios de coordinación se sigan implicando. É un acto social, é unha lacra social que atañe a todo o mundo e polo tanto, nós agradecemos que se nos tivera en conta como Concello e que fóramos os primeiros (despois de Betanzos) de todo Galicia en ser citados para participar. Para nós é unha satisfacción e non podíamos deixar de lado esta iniciativa”.
Álvarez Lastra engadiu que “esta proposta consiste en que nós, hoxe, recollemos do Concello de Betanzos este libro, que foi presentado alí hai duas semanas, e o que se pretende é que vaia rulando por tódolos concellos de Galicia recollendo sinaturas en prol da violencia contra as mulleres. Nós imos depositalo hoxe na Oficina de Turismo nova ata o 15 de agosto para que todas aquelas persoas e visitantes da nosa vila poidan reflictir neste libro aquelas cousas relacionadas coa violencia de xénero que ben queiran reivindicar, que ben queiran apoiar coa súa sinatura ou que simplemente como mostra de cariño hacia esas mulleres que están sufrindo esta lacra social, queiran plasmalo”.
Na rolda de prensa celebrada esta mañá no Concello de Ribadeo estiveron Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo, Mariluz Álvarez Lastra e Esperanza Sánchez Varela, concelleiras de Muller de Ribadeo e Betanzos, respectivamente.
O libro que estará ata o 15 de agosto na Oficina de Turismo poderase firmar, de luns a venres de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 20.30h, os sábados de 11.00h a 14.00h e de 16.00h a 20.00h e os domingos de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.30h.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



