NOTA DE PRENSA
O PP afirma que a contribución da Deputación bipartita ó concello de Burela é cero.
Afirman que o alcalde é servil e complacente coa Deputación.
Os populares poñen como exemplo os seiscentos mil euros que investiu o anterior equipo nos dous último anos.
O PP de Burela afirmou hoxe que a contribución da Deputación bipatita ó Concello de Burela é cero, porque o investimento redúcese ó que se corresponde coas obras comunitarias e as do Plano de Obras e Servicios. Proba da deixadez da Deputación é o estado dun tramo de bionda da estrada Burela-San Cibrao entre Ril e A Marosa, que leva ¡un ano! rota sen que ninguén se digne a arranxala ou subtituila.
Os populares consideran que o comportamento da Deputación é a lóxica consecuencia do servilismo e complacencia do alcalde coa mesma. E esto maniféstase en que desde o concello non se trasladan proxectos á Deputación. Así, ainda está sen licitar a obra do POS do presente ano, unha fase do saneamento da Casilla á Marosa, obra qu por certo tiña que ter rematada a Deputación e que non foi capaz, polo que se perderon cáseque cen mil euros. Agora resulta que os veciños de Burela terán que aportar algo máis de dez mil euros para poder facer esta obra, froito da “excelente” xestión do alcalde”.
Hai ano e medio, o alcalde dixo que a Deputación abordaría a construcción das aceras da marxe dereita da estrada Burela-Rúa, propiedade da administración provincial, pola súa dereita hasta o Cemiterio Municipal. A día de hoxe, nada de nada.
O único que fixo o alcalde con xeito coa Deputación foi asinar o convenio para o desbroce das vías provinciais, porque de facelo a Deputación ó millor chegabamos a finais do verán e estaban sen facer.
Os populares lembran que os investimentos de Plano de Obras e Servicios e de obras comunitarias son obras de carácter anual e sempre as houbo. Pero compre lembrar que desde mediados de 2005 a mediados de 2007, ou sexa, en dous anos, o investimento da Deputación foi de seiscentos mil euros, ademais das obras e planes indicados: rexeneración e millora da estrada Burela-San Cibrao hasta A Marosa, ponte nova sobre da vía de FEVE na Casilla, pistas de tenis, e reparación da cuberta da tribuna pequena da Marosa. Por certo, esta obra,que a Deputación dixo que ía ser urxene, ainda está como está. E por riba de todo, e consta nas actas de SUPLUSA, o compromiso de investimento por parte da Deputación, de seis millóns de euros para o parque empresarial da zona de A Puida.
Pola contra, agora só nos atopamos con boas palabras da Deputación, e para de contar. Burela non vive do buenismo do presidente da Deputación, nin do colegueo do alcalde. Burela agarda compromisos, prazos e presupostos, e eso é o que lles pide o PP á Deputación e ó alcalde.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



