Nota de Prensa
O BNG DE BARREIROS PREGUNTARÁ NO PRÓXIMO PLENO SOBRE AS CONDICIÓNS LEGAIS NAS QUE SE ABRIRON ESTE VERÁN UNHAS PISCINAS, UNHA PISTA POLIDEPORTIVA E UN PARQUE INFANTIL NUNHA URBANIZACIÓN DE SAN COSME. VARIOS VECIÑOS CUESTIONAN A LEGALIDADE DE DITAS INSTALACIÓNS.
Barreiros, 8 de agosto de 2009. O BNG de Barreiros preguntará no vindeiro pleno sobre as condicións legais nas que foron abertas este verán unhas piscinas, unha pista polideportiva e un parque infantil nunha urbanización de San Cosme. Varios veciños de dita urbanización cuestionan a legalidade desas instalacións. Os nacionalistas aseguran que “vistas as demandas presentadas no Concello por varios veciños propietarios de apartamentos nunha urbanización próxima á praia de Altar, nas que alertan do perigo que supón abrir unhas piscinas sobre as que existen serias dudas sobre a súa legalidade, o BNG de Barreiros pon outra vez enriba da mesa a situación de descontrol propiciada polo grupo de goberno do Partido Popular que provocou situacións coma esta”.
“Cando a cotío se está a falar da inseguridade xurídica que rodea ao mundo da promoción e da construcción, non se fala para nada da inseguridade xurídica na que se encontran por exemplo agora os cidadáns que pagaron o seu apartamento e non poden usar as instalacións da urbanización con total garantía e seguridade, debido á falla de control e rigor do Concello de Barreiros nos últimos anos” afirman desde o BNG barreirense.
Os nacionalistas de Barreiros lembran tamén a polémica na que se viu inmersa esta urbanización, “xa que recibiu a licencia de primeira ocupación nin mais menos que tres anos despois de realizaren a escritura dos apartamentos os clientes”. Desde o BNG sinalan que “resultan moi chamativos diversos feitos que aconteceron con estas piscinas, pois logo de estar rematadas foron cubertas con terras e prantas simulando un xardín, a principios do 2008, e foron descubertas e postas en funcionamento neste verán de 2009”.
Para o BNG, “a alcaldía é coñecedora deste asunto, pois leva tempo recibindo queixas e solicitudes de información ao respecto por parte dos veciños afectados, sin que polo momento lles dera resposta algunha”. O Bloque esixe “o esclarecemento de todos estes feitos, polo que solicitan que no próximo pleno se dea conta da situación legal desta urbanización e das súas instalacións a toda a Corporación, e se dea tamén resposta aos veciños afectados”.
Desde o BNG tamén reclaman “a celebración deste pleno coa máxima urxencia, pleno que tería que ser extraordinario, despois da suspensión (sin comunicarlle nada aos portavoces) do ordinario do pasado 27 de xullo. E ademáis deste punto existen pendientes para o seu debate, varios asuntos propostos polo grupo municipal do BNG”.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



