Nota de Prensa
O BNG PREGUNTA Á CONSELLARÍA DE TRABALLO SE TEN PREVISTA ALGUNHA ACTUACIÓN PARA FACER FRONTE AO DESEMPREGO E PRECARIZACIÓN DO TRABALLO NAS AUXILIARES DE ALCOA
Os nacionalistas cualificaron de pouco seria a actitude da Xunta que comprometeu o seu apoio a representantes dos traballadores que aínda non fixo efectivo.
A factoría que a multinacional Alcoa ten instalada nos Concellos de Cervo e Xove ocupa de xeito directo a 1372 traballadores e 600 nas súas empresas auxiliares, estimándose que a actividade económica que xera no seu entorno representa o 30% do PIB do conxunto da provincia de Lugo. Estas cifras dan unha mostra da forte dependencia que a Comarca da Mariña e o conxunto da provincia de Lugo teñen da producción de aluminio básico, que transcende ao propio complexo alumineiro e que repercute dunha maneira moi directa noutros sectores da actividade económica como o sector servizos ou o transporte.
A actual conxuntura económica, determinada por unha forte crise de sobreproducción, esta a provocar importantes consecuencias na factoría luguesa como consecuencia da diminución do consumo de aluminio a nivel mundial que ten o seu reflexo no detrimento da actividade productiva e da destrucción de emprego nas empresas auxiliares de Alcoa e naquelas outras cunha forte dependencia do complexo alumineiro( loxística…).
Sen entrar a valorar os resultados da compañía ou mesmo o ERE que a multinacional americana puxo en marcha recentemente en boa parte dos seus centros de traballo do Estado Español non é difícil concluír que as dificultades que atravesan sectores como a construcción, o automóbil ou a industria aeronáutica teñen que ter consecuencias na producción básica de aluminio reducindo a súa producción e mesmamente diminuíndo o valor engadido da producción da planta de Lugo.
O descenso da carga de traballo está a provocar unha auténtica sangría a xeito de destrucción de emprego no conxunto das empresas auxiliares, o que significou que arredor de 200 traballadores perderan o seu emprego nos últimos seis meses. Mesmamente a vista do aceleramento da tendencia nos últimos 3 meses todo indica que este proceso se está acentuar, provocando en boa lóxica unha precarización das condicións de traballo nas empresa auxiliares.
POUCA SERIEDADE POR PARTE DA CONSELLARÍA DE TRABALLO
O Bloque Nacionalista Galego considera que a administración autonómica debe comprometerse de xeito claro na perspectiva de amortiguar as consecuencias sociais da crise que están a padecer de xeito moi particular os traballadores que perderon o seu emprego pero que afecta ao conxunto dos asalariados da empresa auxiliar. Neste sentido coincidimos coas preocupacións dos representantes sindicais de ditas empresas que en datas recentes trasladaron as súas reivindicacións a Conselleira de Traballo e aínda que nesa reunión acadáronse compromisos, os representantes do traballadores están agardando por eles.
A INICIATIVA NACIONALISTA BUSCA ACADAR COMPROMISOS FIRMES POR PARTE DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Por medio do parlamentario, Fernando Blanco, o BNG trasalda á cámara galega a preocupación dos traballadores e traballadoras das auxiliares da multinacional ALCOA, que queren coñecer por unha banda cal é postura da administración pública en relación coa destrución de emprego e a precarización das súas condicións de traballo, ademais preguntase cal é a valoración que fai a administración galega sobre as reivindicacións que lle trasladaron os representantes sindicacais na reunión mantida coa Conselleira de Traballo, e por último, interésanse os nacionalistas polas previsións que ten a Consellaría para por en marcha plans de axuda para aqueles traballadores que perderon os seus postos de traballo e si existe algunha previsión para mediar diante das contratas de ALCOA, a fin de que non se precarizen as condicións laborais como consecuencia da situación de crise.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



