RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo está a colocar nestes días 50 cubrecontedores en moitos puntos da vila. É unha actuación que pretende humanizar a maioría das rúas do pobo e que conta cun presuposto de 72.000 euros.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, explicou que “os veciños de Ribadeo poden comprobar nestes días como en diferentes puntos da vila se está procedendo á colocación de cubrecontedores de lixo cun diseño creado en Ribadeo e consensuado entre tódolos grupos cando adxudicamos unha serie de obras que estamos executando agora mesmo. Neste caso o investimento ascende a 72.000 euros. É unha destas pequenas actuacións que contrasta con outras de maior calado que se executan agora no noso concello, pero que en todo caso contribúen a humanizar e facer máis bonita a nosa vila. Contamos que nos próximos días se rematen de colocar”.
O rexedor sinalou que “a parte de congratularme porque o deseño sexa bonito ou porque disimulan cousas que non son agradables para a vista como é ver os contedores, eu quería aproveitar para insistir no que o meu compañeiro Horacio Cupeiro está pedindo nos últimos tempos que é lembrarlle á cidadanía que non deposite o lixo antes das 21:00 horas da noite. Isto débese facer a partires desa hora porque senón na época de verán o lixo fermenta e ocasiona cheiros aínda que se laven os contedores con certa periodicidade, pero non podemos estar lavándoos cada catro días. Polo tanto, sabemos que o comportamento da maioría é axeitado, pero sempre hai unha minoría que non ten conciencia nin ten civismo. A estes veciños é aos que nos queremos dirixir para que por favor sobre todo na época estival, aínda que a normativa o marca durante todo o ano, que o fagan, que depositen o lixo en bolsas ben pechadas a partires das 21.00 horas da noite”.


















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.