Trabada, 7 de marzo, 2026. O Concello de Trabada asinou o pasado venres un convenio coa Deputación de Lugo polo que a institución provincial asumirá o custe total da diferenza entre o prezo real das prazas da residencia de maiores e o importe que abonan as persoas usuarias. Deste modo, o Concello só terá que facer fronte a pequenos gastos de mantemento, garantindo a continuidade dun servizo esencial para a poboación maior do municipio.
O alcalde de Trabada, Rubén García, subliñou a relevancia deste acordo e destacou que “este é o modelo de centro de maiores que funciona, o modelo ideal para a nosa provincia. O paso dado pola Deputación, asumindo o custe de todos os centros de maiores da provincia, reflicte ese compromiso e protexe aos concellos pequenos como Trabada”.
García agradeceu o apoio da presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e do deputado Pablo Rivera, así como de toda a institución provincial, polo seu esforzo para garantir que os servizos básicos destinados á poboación maior non se vexan afectados e para contribuír á viabilidade dos concellos máis pequenos.
Desde a Alcaldía, o Concello de Trabada reitera o seu compromiso coa protección dos servizos públicos esenciais, impulsando medidas que permitan manter unha atención de calidade ás persoas maiores do municipio.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



