“Deben entender o Concello como unha grande empresa na que os veciños son os clientes aos que satisfacer”. Estas palabras despréndese entre todas as posibles unha interesante cuestión. E é que concibindo o Concello como unha empresa, en lugar de como un mero órgano de xestión, se está a apelar á maximización de beneficios, algo do que me temo están moi necesitadas todas as casas do concello da Mariña de Lugo. É dicir, xa non se trata tanto de facer un bo traballo para ter a xente contenta, que tamén, senón sobre todo de facer un bo traballo para optimizar os recursos e que con menos se poida lograr o mesmo ou mesmo máis do que se conseguía antes.
E non é que eu estea en desacordo con esta idea, a o fin e a o cabo son un pequeno empresario, un autónomo ou utilizando a palabra de moda “Un emprendedor”, xa digo que paréceme interesante. En efecto, un Concello non deixa de ser unha empresa. Están os que a dirixen, os que traballan nela e os clientes dos que esta depende. Hai unha balanza de ganancias e de perdas, hai un produto que se ofrece e un prezo que se paga por el. Pero acórreseme que, de todos os xeitos, existe unha diferencia substancial respecto ás empresas.
Alguén concibiría unha empresa na que hai uns señores, directamente vinculados aos que han de rexela, que poñen todo o seu empeño en dificultar o labor destes, reprochando constantemente as súas resolucións, sexan cales foran, co único obxectivo de chegar a sucederlles eles no mando? Nin moito menos. Non hai empresa no mundo que teña nada parecido a unha oposición política como as que teñen ou deberían ter os concellos.
As empresas normalmente encontran a motivación para superarse na loita competitiva contra outras empresas, na súa constante relación coa clientela real e potencial, pero xamais han de batallar contra elas mesmas dese modo que o fan os grupos de goberno contra a súa oposición. E outro tanto cabe dicir respecto a ámbitos políticos maiores.
Quenes se equivocan, as empresas ou os Concellos? Deberían os grandes empresarios mariñáns buscarse uns cantos inimigos (seguro que os encontran) e poñelos en postos relevantes para que se dediquen a entorpecer o seu traballo un día si e outro tamén? Paréceme a min que non. Quizá aquí esta a quid da diferencia, a pesares de que moi poucos gobernos de por aquí teñen unha autentica oposición que os marque de cerca, incluso dánse casos como en Viveiro en que goberno e oposición son o mesmo, amigos e inútiles, así nos teñen sen presupostos, en bancarrota, gastando o que non temos en festas e romarías.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



