BURELA (FNC).- Venres arranca en Burela a II Feira de Antigüedades e Coleccionismo que promove a Delegación de Turismo que dirixe José González Legazpi. A inauguración está prevista para as seis da tarde. O horario de visita será para sábado, domingo e luns de once da mañá a dúas da tarde e de seis da tarde a dez da noite. A feira terá por escenario o pavillón dos institutos de Burela. O edil nacionalista agarda que se superen as 4.800 visitas que recibiu este evento o ano pasado.
González Legazpi sinala que “a pesares do momento de transformación económico a II Feira de Antigüedades e Coleccionismo segue a ser un certame que esperta interese, xa que nesta ocasión se incrementa o número de anticuarios participantes que pasan dos 18 que tivemos o ano pasado aos 22 que recibimos nesta ocasión procedentes de países como Francia, Portugal, Alemania ou Italia, e de moitas cidades españolas como Barcelona, Madrid, Valencia, Zaragoza ou Santander. Esto representa o seu carácter internacional e de importancia que a sitúan xa nesta segunda edición en igualdade polo número de anticuarios participantes e procedencia con outros certames que se veñen celebrando en distintas cidades do noso país”.
A feira, segundo explica o concelleiro de Turismo, “ofrecerá diversidade de pezas singulares e insólitas, así como coleccionismo asequible, arte, e antigüedades en xeral con diversidades de precios. Está non só dirixida a especialistas, senón a todo tipo de público”. González Legapzi resalta que “este certame promoverá valor engadido aos sectores económicos, principalmente no eido do turismo e a gastronomía, xa que despraza para a súa loxistica e funcionalidade a un número importante de persoas e profesionais de distintos lugares a Burela. E motiva igualmente unha evidente movilidade comercial non só sectorial, senón tamén de visitantes en xeral como consecuencia de que o antigo está a ganar actualidade, o que representará sen dúbida unhas positivas consideracións para o Concello de Burela e para toda a comarca de a Mariña”.
O concelleiro nacionalista considera que esta II Feira de Antigüedades e Coleccionismo “representa un percorrido polo antigo que nos achega historia e contrastes e constitúe unha interesante proposta cultura. Agardamos polo tanto superar o éxito da pasada edición porque suporía un avance importante de cara á consolidación deste certame”.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



