Nota de Prensa
Para o deputado popular Daniel Varela esta medida de diferenciación e identificación na liña de venta ten como finalidade recoñecer os produtos capturados pola flota galega e así valorizarlos de forma que poidan competir coas importacións
O GRUPO POPULAR PROMOVE QUE SE IDENTIFIQUE O PESCADO NOS PUNTOS DE VENTA AO POR MENOR SEGÚNDO A SÚA PROCEDENCIA, CAPTURA E PRESENTACIÓN
Solicita á Xunta que estableza unha regulación que permita aos consumidores distinguir claramente nas pescaderías, supermercados e hipermercados as especies pesqueiras e marisqueiras segundo a súa procedencia
Para Daniel Varela é imprescindible subministrar a información necesaria para unha elección plena e libre e así facilitar a identificación do pescado capturado pola flota galega, caracterizado pola súa gran calidade, importantes valores nutricionais e grandes garantías hixiénico-sanitarias en contraste con outros procedentes de terceiros países e, en especial, en Asia
“O prezo é o principal reclamo e os produtos non deberían aparecer mesturados, como pode ser o caso de atoparse xuntos linguado ou gallos frescos con panga desconxelado (de río, granxa e asiático)” indica o deputado popular
Santiago , 1 de agosto de 2009.- O Grupo Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa coa que pretende promover no punto de venta ao por menor que se identifique e se diferencie o pescado segundo a súa procedencia, captura e presentación. O obxectivo fundamental é facilitar a identificación do pescado capturado pola flota galega, caracterizado pola súa gran calidade en contraste con outros procedentes de terceiros países, e conquerir que o consumidor final dispoña de máis información sobre a procedencia, método de captura ou engorde do pescado para que realice unha compra mais responsable.
Así, na iniciativa o Grupo Popular solicita á Xunta que estableza unha regulación que permita aos consumidores distinguir claramente nos puntos de venta ao por menor (pescaderías, supermercados, hipermercados …) as especies pesqueiras e marisqueiras segundo a súa procedencia.
Para os deputados populares Daniel Varela e Xosé Manuel Balseiro, autores da iniciativa, esta medida de diferenciación e identificación na liña de venta ten como finalidade dar valor aos produtos capturados pola flota galega, caracterizados pola súa gran calidade, importantes valores nutricionais e grandes garantías hixiénico-sanitarias, en contraste con outros procedentes de terceiros países e, en especial, de Asia.
Así mesmo o Grupo Popular solicita que na regulación encamiñada a que os consumidores distingan claramente o peixe nos puntos de venta, se expoñan de forma separada o peixe fresco, do desconxelado e do de acuicultura, así como o peixe que é de auga doce e o que procede de auga mariña. Esto se produce porque na actualidade non ocorre , inducindo ao erro ao consumidor ao, simplemente, non se lle subministra con absoluta claridade a información necesaria para a elección plena e libre.
Para Daniel Varela “o factor prezo é o principal reclamo e os produtos non deberían aparecer mesturados, como pode ser o caso de atoparse xuntos linguado ou gallos frescos con panga desconxelado (de río, granxa, e asiático)”. Para o deputado popular a diferenza, polo tanto, non debería aparecer tan só na etiqueta senón incluso na situación ou colocación no expositor da pescadería.
Segundo o PPdeG o extraordinario incremento das importacións de peixe foráneo que se está a producir en Galicia é unha das causas da crise actual que sofre o sector pesqueiro galego ao producirse unha competencia que non sempre é leal, ao non esixirse nos países de procedencia as mesmas esixencias técnicas, sanitarias, socio-laborais e medioambientais que as da Unión Europea. As repercusións desta situación se produce coa baixada nos prezos de venta ao público coas que resulta moi difícil competir.
Para evitar esta situación é necesario, segundo o deputado do PPdeG , que o consumidor poida distinguir nitidamente os peixes foráneos dos procedentes da flota extractiva galega ou da nosa acuicultura coa mellora nas normas de exposición dos produtos ao público nos puntos de venda ao menor.























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



