Ruy Barbosa deixou Dito aquelo de “a peor das democracias e mil veces preferible a mellor das dictaduras” e Aristoteles mantiña que “o home é, por natureza, un animal político”. E non vou ser eu quen lles contradiga hoxe en día, pero, xa deben vostedes estar acostumados ós meus “peros” e debo advertirlles do perigo que corremos na política exércente nesta nosa bisbarra e en todo o mundo mundial si , baseamos a acción política nos sentimentos e non na razón, chegamos a situacións como as de Italia, onde Berlusconi non tivo problemas para aprobar unha Lei de autoamnistía ante unha acusación grave, nin tampouco pareceu mal que sexa, á vez, primeiro ministro e o dono de sete das oito televisións do país. Pero os seus votantes e súbditos non se escandalizaban do seus latrocinios e ilegalidades flagrantes, pero cando saíu a luz o asunto do “puterio” está a recoller o reproche social polo asunto. Ou, por falar do estado español, reconvertemos unha mentira “eu págome os meus traxes” nun agasallo menor sen importancia e unha campaña do adversario fronte á que os nosos deben pechar filas permitindo con esta estratexia de tipo sentimental, que queden impunes comportamentos que afectan á esencia da democracia. Por aquí todos sabemos e coñecemos chanchullos varios nas nosas alcaldías e axuntamentos, e, por desgracia, tamén todos escoltamos na barra do bar ou da taberna o consabido “si tiveras ti de alcalde farías o mesmo”.
Pois que teñan vostedes un bo e xeneroso Agosto cheo de festas e enchentes a destaxo, non esquezan eso si pensar, discutir e seguir lendo estes articulitos semanais, onde eu poño o que poño. Pódese interpretar ou non, compartir ou non, criticar ou non e moitos de vós facedes todas estas cousas. Pero, por favor, QUE NINGUéN O MANIPULE. Dicía Tagore que cando alguén sinala a lúa, só o necio fíxase no dedo. Pois iso. Grazas.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



