RIBADEO (FNC) .- Ribadeo celebrará o vindeiro venres 28 de agosto a I Festa da Carne ó Espeto no parque de San Francisco. Está organizada pola Comisión de Festas e terá o obxectivo de recadar fondos para a celebración dos festexos en honra á patroa da vila.
O portavoz da Comisión, Alberto Moledo, explicou que “para recadar fondos para as festas patronais deste ano 2009 en Ribadeo, a Comisión decidiu facer o vindeiro venres 28 a partires das 21.00 horas da noite no parque de San Francisco a I Festa de Carne ó Espeto. Haberá un bar onde se poderá consumir e o prezo da ración será de 10 euros. Con esta iniciativa pretendemos recadar fondos para as festas, xa que sempre se nos di que non facemos actividades con este fin. Quero dende logo convidar a toda a xente que queira compartir unha xornada de festa con todos nós a que se acheguen ó parque e dicir que todo isto estará amenizado dende as 22.00 horas pola discoteca móvil Mourelle ata a 1.00 ou 2.00 horas da madrugada sen problema ningún”.
As Festas Patronais 2008 arrancarán o xoves día 3 cun concerto dos grupos de música de Ribadeo, ás 22.00 horas na Praza do Cantón e o venres, 4 de setembro, será o Día dos Nenos. As xornadas máis importantes, como é tradiconal, son o 7 e o 8. O luns, 7 de setembro, ás 24.00 horas terá lugar a sesión de fogos de artificio na escolleira do porto pesqueiro e xa o martes 8, día da patroa, haberá pola mañá misa cantada pola Coral Polofónica de Ribadeo seguida de procesión e concerto da Banda Municipal e pola noite, festa e verbena.
Alberto Moledo engadiu que “dende a comisión de festas queremos agradecer a colaboración de todos os establecementos comerciais de Ribadeo pola súa aportación económica, sen a cal non sería posible facer este programa de festas, a tódolos particulares que colaboraron con nós, ó Concello de Ribadeo que nos axuda coa programación das festas e coa partida económica correspondente que nos dá e a Cultura e Turismo, que este ano tamén nos vai a ofrecer unha aportación económica. Dicir tamén que sabemos que non é o mellor programa que pode haber para unhas festas pero que o facemos con todo a nosa ilusión, con todo o traballo e que estamos nunha época de crise na que entendemos que as aportacións non poden ser moi altas, e o que facemos dende a Comisión é adaptarnos a un presuposto para facelo todo o mellor posible e que non quede empeñada. Reitero o agradecemento a todas aquelas persoas que colaboraron económiocamente, co seu traballo e a súa boa vontade para celebrar as festas de Ribadeo”.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



