XOVE .- A bolera do campo municipal de futbol de Xove acolle o sábado, día22, a partir das catro da tarde o torneo San Bartolo de bolos, “que vai servir como rodaxe para os xogadores ata que comece a XXI Tirada de Bolos o vindeiro 10 de outubro.
Nota de Prensa
TORNEO DE BOLOS “SAN BARTOLO 2009”
Por segundo ano consecutivo o Concello de Xove, por medio da Concellería de Cultura, organiza o TORNEO DE BOLOS “SAN BARTOLO” 2009, o cal se vai desenvolver na BOLERA DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE o SÁBADO 22 DE AGOSTO A PARTIRES DAS 4 DA TARDE.
A este Torneo, unha das múltiples actividades deportivo-culturais organizadas pola Concellería de Cultura do Concello, está previsto que acudan numerosos xogadores, tanto do club local, o Club de Bolos Xove, como xogadores doutros Clubs da Provincia.
A organización dispuxo para este importante evento deportivo 4 trofeos, deles 3 para os tres primeiros e un trofeo para mellor bolada.
Este Trofeo, que vai servir como rodaxe para os xogadores ata que comece a XXIª Tirada de Bolos o vindeiro 10 de outubro, vaise disputar polas novas normas aprobadas polos xogadores o pasado 28 de marzo na Boleira do Centro Social de O Cruceiro. Dentro dos cambios producidos na Normativa dos Bolos e que se van esperimentar por primeira vez neste Torneo, temos:
1º.- Queda anulada a norma aprobada o 28 de novembro de 1.998 no Centro Social de Vilachá que prohibía mollar as bolas e bolos.
2º.- Elimínase a LINEA DO 20 para categoría SENIOR, polo que a partires de agora só existirá a LINEA DO 10 para tódalas categorías.
A inscrición para esta competición é totalmente libre e gratuita. Ao remate do Torneo, está previsto que acudan á entrega de Trofeos o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Cultura






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



