BURELA (FNC) .- Un total de 17 restaurantes participarán nas primeiras xornadas gastronómicas do peixe espada que se desenvolverán en Burela do 9 ao 11 de outubro. A concelleira de Mar, Remedios López Villar, asegura que “éstas son as primeiras xornadas gastronómicas que se dedican o peixe espada en Burela, dende a Concellaría de Mar tentamos promocionar todos os produtos de gran calidade que se vendan no noso peirao, e ademais dar a coñecer a labor que fan os barcos espadeiros de Burela, promocionando o seus produtos a través da hostalaría.
O prezo da ración para o peixe espada á grella será de 5€ e o resto dos pratos segundo a carta de cada restaurante. Os establecementos participantes son: MESÓN BOTAFUMEIRO, PARRILLADA DE JANDRO, CASA MIRANDA, MESÓN DON JAMÓN, RESTAURANTE OS REMOS, RESTAURANTE PALACIO DE CRISTAL, PIZZERÍA PIZZBUR, CAFETERÍA LUZERN, CERVECERÍA A BODEGUILLA, MESÓN DO POETA, MESÓN HAMILTON, PARRILLADA A MARQUESA, RESTAURANTE O SARGO, CERVECERIA O TRISQUEL, CERVECERIA KIKO, RESTAURANTE TAPIÑAS e MESÓN CARLOS.
Remedios López sinala que “cada restaurante terá que levar unha degustación de peixe espada (a súa especialidade), que non poderá coincidir con ningún outro hostaleiro, nun prato ben presentado o sábado 10 de outubro á Casa do Concello de 10 a 14 horas, e tamén levará nun papel a elaboración desa receita escrita. No Concello improvisaremos, cunha empresa publicitaria, un salón fotográfico para retratar os pratos elaborados. Dende esta Concellería de Mar elaborarase un libro da gastronomía marítima de Burela Os sabores do noso mar nesta ocasión adicado ó peixe espada, que logo distribuiremos de forma gratuíta entre os hostaleiros participantes”.
A edil socialista engade que “nestas xornadas gastronómicas sortearemos unha fin de semana nun hotel termal en Galicia. A cada restaurante daráselle unha urna de cristal onde poderán votar as papeletas os comensais que degusten unha ración de peixe espada e entre todos os participantes o martes 13 de outubro sacarase un único gañador que poderá disfrutar desa fin de semana”.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



