LUGO.- O Presidente da Deputación convocará a alcaldes da provincia de Lugo, para o día 2, con fin de manter unha reunión para tratar da contratación de subministro de enerxía eléctrica. Uns 25 concellos xa amosaron o seu interese en sumarse á iniciativa da Deputación.
Nota de Prensa
Uns 25 Concellos xa amosaron o seu interese en sumarse á iniciativa da Deputación sobre subministro eléctrico
– O Presidente da Deputación convoca ós Alcaldes o 2 de outubro para informarlles sobre as posibilidades de contratación deste submistro
– Gato Soengas fai un chamamento ós Concellos para que se sumen a esta iniciativa “que pode supoñerlles un importante aforro na factura da electricidade”
– O voceiro socialista denuncia “o gran despilfarro do anterior goberno do PP cos 600.000 euros das escaleiras do Pazo de San Marcos ou os 375.000 para material da Fundación que non teñen nin as televisións máis adiantadas”
O Presidente da Deputación convocará ós Alcaldes e Alcaldesas da provincia o vindeiro 2 de outubro para abordar a contratación de subministro de enerxía eléctrica, segundo avanzou este venres o Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato. O voceiro do grupo socialista sinalou que “a iniciativa promovida pola Deputación de Lugo de contratar o subministro dos Concellos acolléndose ó Real Decreto que permite escoller a empresa subministradora, suscitou un grande interese”. Lembrou que “contratamos unha asistencia técnica, e agora estamos en condicións de afirmar que as posibilidades son reais e supoñerán un importante aforro para as Entidades Municipais que se sumen a esta iniciativa”.
Gato Soengas avanzou que “xa hai uns 25 Concellos que amosaron o seu interese, e poderían engadirse máis. Na reunión do día 2 trasladaremos ós rexedores os pasos necesarios, así como as medidas que se deben tomar para facer efectiva a devandita contratación. Desta iniciativa poden derivarse moitas ventaxas, xa que o que perseguimos é unha economía de escala que permitirá importantes aforros ós Concellos”.
Investimentos en estradas
A Deputación inviste máis de 850.000 euros en obras de mellora en estradas de Viveiro, Xove e Ourol. A Xunta de Goberno deste venres adxudicou provisionalmente dous proxectos. Un deles corresponde á mellora e renovación do afirmado dun treito de 8,5 quilómetros da estrada entre Xove e Viveiro por Valcarría. A adxudicación foi por 537.029 euros, cunha mellora de 51.724 euros. O prazo de execución é de 3 meses.
O segundo proxecto está incluído no POS 2009. Prevé o acondicionamento dun treito de 4,100 quilómetros da estarada provincial de Ourol a Sixto, no Concello de Ourol. As obras adxudicáronse provisionalmente por 314.500 euros. Neste caso, a mellora é por 20.000 euros. O prazo de execución tamén é de 3 meses.
Ademais, acorodouse a devolución dun vehículo contratado polo organismo provincial. O custo estimado do coche ata a finalización do contrato, o 1 de outubro de 2010, era de 5.740 euros. “Coa súa devolución, a Deputación debe aboar ó 10%, é dicir 574 euros. Por tanto, aforramos 5.170 euros”. Por último, aprobáronse 3 contas xustificativas do Plan de Cooperación de Comunidades Veciñais de 2008. As obras suman un presuposto de 52.282 euros, dos que a Deputación achega 33.730.
Despilfarro do goberno do PP
Por outra banda, o voceiro do grupo provincial socialista acusou ós populares de non enterarse cando falan despilfarro nas viaxes en helicóptero do Km0 Xtreme. “Nótase que o señor Barreiro non vén pola Deputación, xa que o organismo provincial non gasta nin un só euro, e o único que fai é intermediar entre os participantes e a empresa para acadar o mellor prezo”.
Pola contra, “o anterior goberno do Partido Popuar si que fixo grandes despilfarros, como os 600.000 euros que se gastaron na contratación da escaleira de entrada do Pazo de San Marcos; ni que fose para subir un monarca ou alguén da realeza”.
Gato Soengas puxo máis exemplos de despilfarro dos populares: “en xullo de 2007, o goberno do PP adxudicou dous contratos para o subministro de material para a Fundación TIC que non teñen nin as televisións máis adiantadas”. Segundo dixo, o anterior goberno aprobou a adquisicón dun Sistema de Mezcla e Grabación de Señal de Vídeo por 221.000 euros e dun Sistema de Monitorado de Retro proxección en Multipantalla por 150.000 euros.
O actual goberno resdindiu estes dous contratos, “xa que entendemos que existe unha total desproporción entre este gasto e as necesidades que ten a Fundación TIC. Imos empregar eses cartos en material para a formación dos alumnos e tamén para axudar ós Concellos na implantación da TDT”.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



