ALFOZ .- O Alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, mantivo unha xuntanza co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, con quen tratou da teórica posta en marcha dunha escola infantil para o próximo curso. Lousas interesouse pola apertura da vivenda tutelada que, para a atención ás persoas maiores e dependentes, existe no concello. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar indicoulle ao rexedor municipal que á posta en servizo será nos meses de novembro ou decembro.
NOTA DE PRENSA
Emilio Lousas foi recibido na mañá de hoxe por Roberto Rodríguez, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
A XUNTA ESTUDA A CREACIÓN DUNHA ESCOLA INFANTIL A PETICIÓN DO ALCALDE DE ALFOZ
* A nova infraestrutura da que poderían beneficiarse nenas e nenos de ata 3 anos de idade, empregaría os locais das antigas escolas da localidade.
* Roberto Rodríguez tamén confirmou que entre os meses de novembro e decembro deste ano entrará en servizo a vivenda tutelada, para persoais maiores ou dependentes coa que conta a localidade
Alfoz, 08 de setembro de 2009.- As nenas e nenos de ata 3 anos que residen no termo municipal de Alfoz poderían beneficiarse no vindeiro curso dunha nova Escola Infantil cuxa creación está a estudarse por parte do novo goberno da Xunta de Galicia presidido por Alberto Núñez Feijóo. Na mañá de hoxe o Alcalde de Alfoz, Emilio Lousas mantivo unha xuntanza con Roberto Rodríguez, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co obxecto de trasladarlle esta petición. O primeiro edil agradece a boa disposición do alto cargo autonómico que “comprometeuse a estudar a fórmula para levar adiante este novo servizo”. Emilio Lousas explicou que o Concello de Alfoz porá a disposición da administración autonómica as antigas escolas da localidade para que poidan ser empregados as súas instalacións como sede da nova Escola Infantil. Segundo explicou está previsto que a finais do presente mes ou, a máis tardar, no mes de outubro, sexa o propio xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar quen visite en persoa as instalacións acompañado de técnicos da Consellería de Traballo e Benestar.
VIVENDA TUTELADA
Por outra banda tamén aproveitouse o encontro para abordar outras cuestións como é a apertura definitiva da vivenda tutelada que, para a atención ás persoas maiores e dependentes existe neste municipio. A Xunta dotou a Alfoz desta vivenda que dispón de 5 habitacións dobres, con capacidade para 10 inquilinos O responsable da administración autonómica confirmou ao rexedor municipal que será nos meses de novembro ou decembro cando se proceda á posta en servizo destas instalacións. Desde a Alcaldía quixeron agradecer unha vez máis a boa disposición dos novos responsables autonómicas ás demandas suscitadas e, insistiron en que grazas a estes novos servizos será posible incrementar a calidade de vida e o benestar dos veciños de Alfoz.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



