O luns, 28 de setembro, ábrese o prazo de inscrición nos cursos de tempo libre que organiza o Centro de Información á Muller (CIM) de Burela. A concelleira de Igualdade, Neves Cando, indica que “os cursos que se ofertan son de manualidades, bordado, bolillos e bailes de salón. Todos dirixidos a mulleres, agás o de bailes de salón no que poderán participar homes”. As persoas interesadas en participar deben estar empadroadas e Burela. Para anotarse deben presentar o DNI e acudir ó CIM de 8 a 15 horas. Consultas ó teléfono ao 982 580 609.
Abre o prazo de inscrición para cursos de tempo libre que organiza o CIM de Burela
Abre o prazo de inscrición para cursos de tempo libre que organiza o CIM de Burela
Relacionado
-
Ribadeo acolle este sábado unha xornada de convivencia astur-galaica do Club Rotary ao que asisten integrantes chegados desde Vigo, Coruña, Ferrol, Avilés, Oviedo, Gijón, León e Ponferrada
-
O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio, organizará en maio un curso gratuíto para adultos que desexen iniciarse na música
-
O grupo de danza da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo foi convidado polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo a participar no “Encontro de Centros de Danza” que terá lugar este sábado, 26 de abril, na capital lucense