Onofre Louzao, Javier Rivas, Iago Eijo e Rubén Sánchez, son os responsables da comisión da festa do Ramo que se celebra o día 2 e 3 de outubro no Alto do Cruceiro, recuperada despois de 16 anos. Os organizadores dispuxeron unha caberá e amplos aparcamentos; o sábado será a Festa dos Callos, a 4 euros ración incluíndo pan e viño, e actuará Supercombo e Atalaya. O domingo haberá misa,sesión vermú e actúa Suavecito e grupo Naranja
Festa do Ramo no Alto do Cruceiro, Xuances, no Concello de Xove, os días 2 e 3 de outubro
Festa do Ramo no Alto do Cruceiro, Xuances, no Concello de Xove, os días 2 e 3 de outubro
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia