RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que as sentencias non se discuten, que hai que cumplilas e adicarse a seguir traballando. Así se refire á sentencia que acaba de entrar no rexistro oficial do Concello no día de hoxe, sobre o convenio dos funcionarios.
Suárez Barcia sinala que “á vista desta sentencia lembro que nós, o BNG, sempre dixemos que no mandato anterior cometemos un erro, posto que primeiro validamos un convenio e despois démonos conta de que eso era un tremendo erro. Pensamos que o camiño mellor era tratar de correxilo despois, como tentamos facer, pero non puido ser porque a xustiza dixo que non se fan así as cousas e polo tanto nada temos que dicir. O erro foi o convenio, que tratamos de correxir a posteriori, pero non pode ser. Pero que haxa quen presenta esto como unha gran noticia para Ribadeo, eu creo que non é así. Será para quen se quere sacar esta espiña, debe ser para o señor Pérez Vacas ou para o seu partido, aínda que eu dubido moito que seña para o seu partido”.
O rexedor cre que “neste convenio houbo moitos excesos, que agora hai que asumir. Creo que quen perde son os veciños de Ribadeo. Dende logo non sempre a legalidade coincide co interese xeral. Creo que neste caso se pode aplicar aquel dito de que terán todo o dereito pero eu creo que a nós nos asiste toda a razón”. Fernando Suárez entende que “os traballadores defendan o seu, pero os representantes públicos debemos defender os intereses de todos os veciños do noso concello. E xa sabemos o que opina a maioría da cidadanía deste concello sobre este asunto. Nós queremos o mellor para os traballadores, pero tamén, por encima diso, queremos o mellor para a cidadanía”.
O alcalde ribadense non quere entrar na etapa anterior, “como algún membro da corporación fai agora. Creo que está xulgada polos veciños de Ribadeo, supoño que quen gañou sería por méritos propios e quen perdeu estou convencido de que tamén foi por méritos propios, por facer unha serie de cousas malas. Eu deixo á opinión pública que decida si esta cuestión do convenio dos funcionarios entrou dentro do bó ou do malo”.
Fernando Suárez fai unha reflexión, “non sei que opinión lle pode merecer a moitas familias de Ribadeo, xusto nesta situación mala na que igual teñen dificultades para acabar o mes, que moitas das subas neste convenio supoñan o mesmo que as nóminas totales que moita xente percibe a final de mes. Eu quero deixar esa reflexión para a opinión pública”.
O rexedor acepta a sentencia en todos os seus términos e puntualiza que “a meirande parte dos traballadores xa levan anos con esta suba aplicada, dende o ano 2005, aínda que esta sentencia se coñeza agora. E noutros casos as cantidades pendentes, que eran de dous ou tres meses de antes do 2005, xa levan varios anos consignadas nos presupostos municipais. Polo tanto non se romperá a normalidade do pago mensual das nóminas”.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



