Nota de Prensa
“Só a presión social e institucional vai permitir á Mariña conservar a área sanitaria” afirma Veiga
O BNG pídelle ao PP que vote no Parlamento igual que na Mariña Balseiro minte, para confundir.
As declaracións que ven de facer públicas o parlamentario do PP, o Sr. Balseiro Orol, onde nega que o seu Partido pretendese suprimir a área de saúde da Mariña, non son máis que un exemplo de como este señor falta a verdade sen ningún tipo de rubor e de como xoga a confundir á cidadanía. Abonda con repasar a hemeroteca, o diario de sesión do Parlamento de Galicia, onde se recollen as intervencións parlamentares, ou a páxina web da Consellaría de Sanidade para descubrir o cúmulo de falsidades que atesoura Balseiro no seu comunicado de prensa.
A este respecto queremos lembrar que coincidindo co nomeamento do novo Xerente do Hospital da Costa, a Conselleira de Sanidade anunciou en Burela a creación dunha area sanitaria única para a Provincia de Lugo , afirmando que a Xerente de Atención Primaria de Lugo, ao director do complexo hospitalario de Lugo e os directores dos hospitais de Burela e de Monforte «definirán cómo se va a estructurar esta xerencia única, qué servicios y con qué sistema organizativo lo abordamos» para continuar explicando que conseguilo dependerá «de la buena coordinación y cooperación, desde primaria, urgencias, el hospital de Burela y, en aquellos servicios que sea necesario, el hospital de referencia del área de la provincia»(LVG-04/09/09-)
Na mesma liña, a xerente do SERGAS de Lugo, Rocío Mosquera, non dubidou en equiparar a área sanitaria «coa integración dos hospitais», unha iniciativa coa que segundo dixo «queremos que se traballe dunha maneira moito máis conxunta, definindo os procesos, e dentro deles, o papel que vai ter primaria, o hospital comarcal e tamén o grande [por el de Lugo], porque ao final hai algúns procesos que van ter que terminar nel».(LVG-04/09/09-)
A maior afondamento queremos recordar que a propia Consellaría en sé parlamentaria, cando presentou a planificación do seu departamento para actual lexislatura, fixo anuncios nesa dirección para o conxunto do sistema sanitario galego, comunicando posteriormente a supresión da area sanitaria do Salnés, Monforte ou o Barco. Non se trata logo, dunha decisión que afecte única e exclusivamente á Mariña, pola contra o que se pretende e reducir ás areas sanitarias galegas das 11 actuais a 7 que coinciden coas grandes cidades.
No dia de hoxe representantes da propia Consellaría de Sanidade recoñecen que o plan para crear unha área sanitaria única, “está en fase de estudo”, e que se plantexa “como unha ferramenta de traballo para xestionar de forma máis eficaz o sistema” que, segundo apuntan é “algo que ya se hace en la mayoría de las autonomías”(EP-25-09-09-)
Antonio Veiga respondeulle ao Ao Sr Balseiro, “que aínda que xa non lle fique credibilidade, pare de mentir, ou é que coas súas declaracións estanos dicindo que quen minte é a Conselleira de Sanidade e a Xerente do SERGAS de Lugo?”. Sr Balseiro, aínda que o seu non sexa rigor, pretende negar agora que a Consellaría de Sanidade non informou no Parlamento da concentración da atención especializada nunha xerencia única para a provincia de Lugo?. Veiga tamén lle pregunta ao Sr. Balseiro sobre a contradicción na que cae na súa comparecencia pública de onte, “dicindo que non hai nada, e a propia Consellaría de sanidade no mesmo día di que a proposta está en estudo?”.
A Mariña, unha sanidade de segunda.
Aos nacionalistas non nos sorprenden o máis mínimo as declaración do Parlamentario do PP, posto que recollen punto por punto os argumentos utilizados por este partido no Parlamento de Galicia, concretamente o 4 de Setembro de 2009 na Comisión de Sanidade, para opoñerse a unha proposición non de lei do BNG no que se solicitaba o mantemento da área sanitaria do Barco. Non nos resulta novo tampouco que agora negue a maior, afirmando que non se vai suprimir á area sanitaria da Mariña, pois é o mesmo argumento que utilizou o Portavoz de Sanidade do PP, Rosendo Fernández, cando xustificaba a supresión da área sanitaria do Barco. O que si que nos queda claro agora é o seu papel de “loro de repetición das consignas do PP para desmantelar a sanidade na costa”, o que si nos queda claro e que o seu discurso constrúese en base a copiar e pegar as intervencións dos seus compañeiros de grupo, e o que tamén nos queda claro é que a súa función limitase a poñer a cara polo Goberno na Mariña e non defender os intereses dos veciños e veciñas desta comarca diante do Goberno do Partido Popular”.
O BNG non quere tampouco un debate abstracto sobre modelos de xestión sanitaria, por iso, cando defendemos o mantemento da actuais areas de saúde falamos de cousas ben concretas, que son as que se asocian segundo a lexislación ás nosas áreas de saúde que se corresponden coas áreas sanitarias da normativa estatal. Dende o BNG, afirmou Veiga, “estamos a falar de que os traballadores da sanidade da Mariña non poidan ser desprazados fora do ámbito dos 15 Concellos que conforman a área sanitaria, e moito menos ser sancionados ou expulsados das listas ao negarse. Tamén estamos defendendo a existencia dunha lista única para a área sanitaria e que os traballadores non se teñan que integrar nunha lista única que agrupa a toda a provincia”. “Quedounos claro que o PP quere a mobilidade”, isto é que os traballadores teñan que andar da Costa para Lemos en función das necesidades do sistema.
Tamén falamos de cousas concretas cando falamos de areas de saúde de carácter non provincial porque non queremos que a relación que teña a Mariña con Lugo sexa como a que ten o Hospital de Verín co de Ourense ou o da Barbanza con Santiago. Abonda falar cun veciño adscrito a estes centros hospitalarios para saber que os pacientes teñen que andar de Riveira para Santiago ou de Verín para Ourense porque mesmamente estes centros xa teñen menos servizos que cando eran fundacións sanitarias. Abonda falar cun veciño destas zonas para saber, que cando escasean facultativos nalgunhas especialidades nos hospitais de referencia, suprímese o servizo nos hospitais adscritos, ao igual que cos instrumentais máis sofisticados ou caros, en definitiva que alí si que saben o que son os hospitais de primeira e os de segunda.
O BNG agarda que a Consellaría de Sanidade mude de posición.
O Bloque Nacionalista Galego, segundo dixo Antonio Veiga, “agradece a posición mantida por tódolos grupos políticos na Corporación de Burela e Cervo na defensa do mantemento da área sanitaria da Costa e agardamos que as Corporacións da Mariña se pronuncien no mesmo sentido nos próximos días” en relación coa proposta formulada polo BNG na perspectiva de facerlle chegar o malestar da Mariña á Consellaría da Sanidade. “Os nacionalistas estamos certos que a presión social e institucional é a única vía para que a Xunta de Galiza mude o seu plantexamento de crear unha xerencia única para a provincia de Lugo en atención especializada”.
O Parlamento deberá posicionarse nos próximos días sobre a PNL do BNG.
Asemade nos próximos días no Parlamento de Galiza someterase a debate unha proposición non de lei do BNG no que solicita o mantemento da actual area sanitaria da Mariña coas mesmas competencias que ten a dia de hoxe. Agardamos que o PP mude de posición respecto do mantido ate hoxe no Parlamento é apoie esta iniciativa de impulso que é central para evitar o desmantelamento da sanidade na zona. “Non hai que esquecer, tal como establece a Lei 8/2008 no seu art.66, que é ao Consello da Xunta a quen lle corresponde delimitar o ámbito territorial das áreas e neste sentido se manteña a nosa, tal como funcionaba até agora”, aclarou Veiga.
O BNG entende que a Consellaría de Sanidade non pode manter o silencio dos últimos días e ten que posicionarse con claridade sobre cales son as súas propostas para o futuro do sistema sanitario da Mariña. Compre tamén que o Departamento da Sra. Farjas dialogue cos diferentes actores que forman parte da comunidade sanitaria e debe responder as demandas de diálogo que se lle están a facer desde o propio sector.
Xa por último os nacionalistas estamos convencidos que vai ser fundamental manter a presión social e institucional para obrigarlle a Consellaría de Sanidade a mudar de posición e en coherencia con isto consideramos fundamental manter a unidade do conxunto das forzas sociais e políticas da Comarca e manter a presión social para que as nosas demandas non queden en saco roto. Outra posición, ate que no Parlamento non se adopte un acordo sobre o mantemento da área, sería irresponsábel e só serviría facerlle o xogo a posíbeis manobras dilatorias, concluíu Veiga.















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



