CERVO .- A asociación cultural A Sombriza de Cervo convoca o concurso de carteis contra a violencia de xénero “Móvete contra a violencia de xénero, elabora a túa cartelería para sensibilizar á sociedade” restrinxido a estudantes dos cursos de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato dos institutos da Mariña. O premio e un DVD portátil, darase a coñecer o 25 de novembro, coincidindo co “Día internacional contra a violencia de xénero”. As persoas interesadas en participar teñen ata o día 12 de novembro para entregar os carteis.
Nota de Prensa
O traballo ganador coñecerase o 25 de novembro data na que se conmemora o día mundial para a erradicación do maltrato contra as mulleres
A ASOCIACIÓN CULTURAL “A SOMBRIZA” CONVOCA UN CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
* O colectivo que preside Geni Piñeiro, pon en marcha esta iniciativa baixo o título “Móvete contra a violencia de xénero, elabora a túa carteleria para sensibilizar á sociedade”
Cervo 23 de outubro de 2009.- A asociación cultural “A Sombriza” vén de facer pública a convocatoria dun concurso de carteis contra a violencia de xénero. A iniciativa está dirixida a estudantes dos cursos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato dos distintos institutos da Mariña. Baixo o lema Móvete contra a violencia de xénero o colectivo que preside Geni Piñeiro pretende sensibilizar aos mais novos para que contribúan na tarefa de incentivar e fomentar na sociedade actitudes e valores que promovan o respecto entre homes e mulleres e sirvan para a eliminación dos malos tratos por razón de xénero ou sexistas.
O traballo ganador, que opta a un premio de un DVD PORTÁTIL, darase a coñecer o 25 de novembro, data na que se conmemora o día internacional contra a violencia de xénero. Antes, todos aqueles interesados en participar neste concurso poderán ir realizando os seus traballos ata o 12 de novembro, data na que membros deste colectivo cultural desprazaranse ata os distintos institutos da comarca, para recoller as propostas.
BASES DO CONCURSO
Os carteis que optan ao premio deberán ser orixinais e inéditos, non son válidos os que xa foron presentados noutros concursos e non deben supoñer en todo ou en parte, copia ou plaxio de obras publicadas doutros artistas. Cada concursante poderá presentar como máximo dous traballos con un lema diferente para cada un deles. Ademais de optar ao premio do DVD PORTATIL o colectivo cultural distribuirá o cartel ganador entre distintas entidades e administracións.
Como é lóxico todos os carteis e slogans presentados deberán versar sobre a violencia de xénero no ámbito familiar ou doméstico. Quedarán excluídos aqueles traballos que inclúan connotacións agresivas ou que danen á sensibilidade da xente. Obrigatoriamente os carteis, que poderán presentarse en calquera soporte e tamaño, deberán incluír o lema “25 de Novembro: Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



