O VALADOURO .- A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, visitou os traballos de mellora que se están a está a levar a cabo desde o día de onte na estrada provincial CP0101 de Gontán ó Valadouro, que dá acceso a Cadramón. As obras que se están acometendo nestes momentos inclúen o asfaltado da zona da estrada que se atopa en terra. Lara Méndez subliñou que o socavón producido ó sairse da vía o camión da orquestra que estaba previsto que actuase nas festas patronais tamén será reparado,
NOTA DE PRENSA
A Deputación mellora a estrada provincial de Gontán ó Valadouro
– A Vicepresidenta Segunda supervisou os traballos que se inclúen dentro do Plan de Mantemento da rede viaria da Deputación
– As obras inclúen o asfaltado do vial e a reparación do socavón producido ó sairse da estrada o camión da orquestra que ía actuar nas patronais
– Méndez subliñou que “a Deputación vén con feitos e realidades. Isto é o que marca a diferenza de como se facían antes as cousas e como se fan agora”
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, supervisou este xoves os traballos de mellora que a institución provincial está a levar a cabo desde o día de onte na CP 0101 de Gontán ó Valadouro, que dá acceso a Cadramón. As obras que se están acometendo nestes momentos inclúen o asfaltado da zona da estrada que se atopa en terra.
Lara Méndez subliñou que, ademais, o socavón producido ó sairse da vía o camión da orquestra que estaba previsto que actuase nas festas patronais tamén será reparado, “polo que quixemos darlle a máxima axilidade a esta obra”. Neste senso, a responsable provincial subliñou que “a Deputación vén con feitos e realidades. Proba disto é que deste vial de 16 quilómetros durante vinte e catro anos tan só se arranxaron dous. Hai tempo houbo outro derrubamento e o Presidente desprazouse ata a Mariña para coñecer de primeira man o acontecido”.
Para Lara Méndez “isto é o que marca a diferenza de como se facían antes as cousas e como se fan agora. O anterior goberno limitábase a sinalizar e a poñer unha estaca con cinta tipo banderilla, mentres que agora cando hai un problema actúase dándolle unha solución. Por fin a Mariña conta para a Deputación, cousa que antes estaba esquecida”.
As obras, que contemplan a construción dun muro de escolleira e a reposición da plataforma, inclúense dentro o Plan de Mantemento da Rede Viaria Provincial que divide á provincia en 13 zonas. O Valadouro pertence á 2 e a conservación dos seus 45 quilómetros de estradas provinciais supón un investimento de 125.491 euros.
Ademais, este municipio recibiu 15.766 euros do Fondo co que a Deputación complementou co 4% o Plan E. Dentro do Plan de Comunidades Veciñais, a institución provincial financiou en 2008 11 proxectos que suman unha axuda total de 29.809 euros. Asimesmo, O Valadouro tamén se beneficia do Plan de Pequenas Obras de Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes. En 2009, este municipio recibiu 17.000 euros para ampliación da rúa Zaragoza e acondicionamento do aparcadoiro público.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



